Martes, 30 de Septiembre de 2025

Xornal21
Domingo, 11 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos sinalizará todas as súas igrexas e capelas

A actuación realizarase grazas a unha axuda de Turismo de Galicia que xa foi aceptada en Xunta de Goberno Local.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que foi aprobada en Xunta de Goberno Local a aceptación da subvención para o fomento da accesibilidade e sinalización nos recursos turísticos do medio rural do Concello de Mos, concedida por Turismo de Galicia e cofinanciada polo Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco PDR de Galicia 2014-2020.


[Img #27317]A inversión a realizar na execución deste proxecto de sinalización de igrexas e capelas ascende a 50.000 euros e mediante a realización do mesmo preténdese a posta en valor do patrimonio mosense, segundo explicaban as representantes municipais Arévalo e Cebreiro.


Así mesmo, outros dos obxectivos que se perseguen coa instalación dos novos sinais son fortalecer o sentimento de identidade  entre os habitantes  do Concello e sobre todo dos da parroquia  onde se localiza cada recurso, xerar  unha  iconografía   propia   que   pretende   potenciar   unha  das  etapas  máis importantes dentro do arte e historia de Galicia, coma é o románico, servir  coma  elemento de  sinalización  viaria  mellorando  e  complementando  os sistemas existentes, e consolidar o Sistema de Sinalización Turística de Galicia, mediante  novas elementos que seguen a liña marcada no mesmo.


Dentro deste proxecto realizarase a sinalización das igrexas das 10 parroquias do Concello de Mos, capelas e ermidas.


Para elo instalaranse un total de 40 elementos: 20 sinais coa finalidade de identificar as 10 igrexas e 9 capelas e 1 ermida. 19 sinais direccionais que sirvan de orientación coa finalidade de poder chegar ás igrexas e capelas dunha forma clara e segura dende os camiños municipais do rural. E un cartel a emprazar na parroquia de Petelos na Praza do Concello de Mos, onde se poidan identificar todas as igrexas, capelas e ermida do presente proxecto de sinalización.


As igrexas, capelas e ermida que se sinalarán coas sinais que figuran no proxecto son as seguintes.

 

  • Igrexa de San Salvador (Parroquia de Louredo)
  • Igrexa de Santa María (Parroquia de Guizán)
  • Igrexa de San Mamede (Parroquia de Torroso)
  • Igrexa de Santa Mariña (Parroquia de Dornelas)
  • Igrexa de San Martín (Parroquia de Tameiga)
  • Igrexa de San Mamede (Parroquia de Petelos)
  • Igrexa de Santa Eulalia (Parroquia de Mos)
  • Igrexa de San Miguel (Parroquia de Pereiras)
  • Igrexa de San Pedro (Parroquia de Cela)
  • Igrexa de Santa María (Parroquia de Sanguiñeda)
  • Capela de San Gregorio (Parroquia de Louredo)
  • Capela de Santiaguiño (Parroquia de Guizán)
  • Capela de San Xoán (Parroquia de Torroso)
  • Capela de Nosa Señora de Francia (Parroquia de Dornelas)
  • Capela de San Eleuterio (Parroquia de Tameiga)
  • Capela de San Amaro (Parroquia de Petelos)
  • Capela de Santa Marta (Parroquia de Mos)
  • Capela de Santa Mariña (Parroquia de Pereiras)
  • Ermida da Virxe das Neves (Parroquia de Cela)
  • Capela de San Cosme e San Damián  (Parroquia de Cela)
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.