PONTEAREAS
O Parque Avisoureira acollerá a segunda edición da Exaltación do Pemento de Guláns
A degustación do característico produto da parroquia ponteareá dará comezo a partir das 10:30 horas do domingo 11 de setembro.
![[Img #27365]](upload/img/periodico/img_27365.jpg)
“Estamos a traballar para que nun futuro os produtores teñan a opción de crear unha cooperativa, ese é o noso obxectivo”, indica o presidente da Asociación de Amigos do Pemento de Guláns, Francisco González. Amais, o parque será testemuña, un ano máis, da instalación de varios postos con diferentes produtos da terra. “O pemento de Guláns levaba o nome da parroquia por tódalas feiras e mercados do país fai cincuenta anos”, lembra o presidente da asociación.
Os traballos de recuperación da semente xeneticamente auténtica do pemento de Guláns comezaron no ano 2009 no Centro de Experimentación Agraria de Entenza, en Salceda de Caselas, grazas a un proxecto comandado por aquel entón pola Consellería de Medio Rural. Xa en 2014 e despois de anos investigación, os veciños e as veciñas de Guláns comezaban a plantar de novo unha especie que “se cultiva nesta parroquia cando menos dende os anos 50 do pasado século”, tal e como sinala o presidente da asociación, Francisco González. “O pemento de Guláns caracterízase por ser propia da parroquia, pola súa textura carnosa, o seu grande tamaño e color vermello intenso, amais de estar indicado para asar á brasa”, explica o presidente.
O pemento autóctono poderá ser degustado frito ou asado á brasa, acompañado de bacallau
O alcalde Xosé Represas aproveitou a ocasión para “expresar de novo o compromiso do executivo con todas aquelas iniciativas que revitalicen e potencien o labor que se fai no rural, e como non, cunha especie de pemento tan característica, que se a día de hoxe segue viva e grazas ao traballo dos veciños e veciñas desta parroquia e dos membros da asociación de amigos do pemento de Guláns”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184