Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 09 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
ACCIDENTE DE TREN

Catro persoas faleceron e 47 resultaron feridas a causa dun accidente ferroviario no Porriño

[Img #27465]

 

Catro persoas perderon a vida e aproximadamente medio cento resultaron feridas como consecuencia dun accidente ferroviario no Porriño. O convoi, que realizaba o traxecto Vigo-Valença do Minho, descarrilou cando estaba a piques de alcanzar a estación. Un dos vagóns envorcou e outros dous quedaron semi envorcados.

 

Os 47 feridos foron trasladados a diversos hospitais de Vigo. En concreto, 20 ao Hospital Álvaro Cunqueiro, 9 a Fátima, 14 a Povisa e 4 ao centro de saúde do Porriño.

 

Adif mantén aberta unha liña telefónica de atención a familiares, o 900. 10. 10. 20.

 

Medios actuando no punto


O sinistro produciuse arredor das 9:30 horas de hoxe. Varios veciños se puxeron en contacto co 112 Galicia para pedir axuda. A partir de aí, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencia de Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron os profesionais de Urxencias Médicas, os Bombeiros do Baixo Miño, os Bombeiros de Vigo, os membros dos servizos de Protección Civil da contorna e os axentes da Garda Civil e Policía Local.

 

Pola súa banda, o servizo sanitario de urxencia 061 enviou senllos equipos médicos a bordo dos helicópteros con base en Santiago de Compostela, 3 UVI móbil (Vigo, Mos e Pontevedra), 7 ambulancias de soporte vital básicas (zona de Vigo), 3 ambulancias soporte vital básico de apoio, 1 ambulancia de transporte sanitario colectivo e un vehículo de apoio loxístico (capacitado para a intervención en accidentes de múltiples vítimas).

 

Activados plans de emerxencia


Ademais, están activados o plan territorial de emerxencias Platerga, no nivel 1, e a o Ariem 112 para a cooperación transfronteiriza entre Galicia e norte de Portugal.

 

Tamén se instalou no lugar do accidente o Posto de Mando Avanzado (PMA) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que axudará a coordinar, in situ, os traballos dos grupos de intervención.  

 

Igualmente, dende o 112 Galicia avisouse aos membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) e contouse coa colaboración da Cruz Vermella.    


GALERÍA DE IMAXES DO SINISTRO FERROVIARIO http://xornal21.com/imagenes/319/


 

Etiquetada en...

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.