Galicia
48 persoas foron atendidas en centros hospitalarios de Vigo tras o accidente de tren do Porriño
Deles 11 foron dados de alta, 27 continúan en Urxencias; 9 foron ingresados
![[Img #27468]](upload/img/periodico/img_27468.jpg)
Un total de 48 persoas foron atendidas nos hospitais Álvaro Cunqueiro (HAC), Povisa e Clínica Fátima de Vigo tras o accidente dun tren de pasaxeiros, esta mañá, ao seu paso polo concello do Porriño.
Segundo explicou hoxe o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, deles 11 foron dados de alta; 27 continúan en Urxencias; e 9 foron ingresados (2 no Hospital Álvaro Cunqueiro, 5 en Fátima e 2 en Povisa) sen que se tema pola súa vida.
O conselleiro tamén informou de que, dos pacientes trasladados polos servizos sanitarios, faleceu no HAC un home de 23 anos, procedente de Vigo e que xa foi identificado pola súa familia, que non puido ser reanimado pese aos esforzos do persoal sanitario. No que atinxe á orixe dos pacientes atendidos, explicou que principalmente son españois e portugueses, pero tamén hai estadounidenses, alemáns e persoas de distintos países latinoamericanos.
Vázquez Almuiña destacou que a atención prestada polos profesionais sanitarios foi áxil e rápida. Neste sentido, agradeceu o traballo dos profesionais dos centros sanitarios implicados, dos que destacou a súa colaboración total e absoluta, sinalando que houbo persoas que se quedaron tras finalizar as súas quendas e persoas que, sen que ter que traballar hoxe, contactaron co seu centro laboral para ofrecer a súa axuda e dispoñibilidade. Tamén fixo un recoñecemento público ao persoal da Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061, encargados de desprazarse ao lugar do accidente esta mañá para realizar a triaxe e coordinar as derivacións dos pacientes.
Doazón de sangue
Doutra banda, dende a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) salientan que actualmente as reservas de sangue en Galicia son boas e permiten dar unha resposta axeitada ás urxencias xurdidas.
Aquelas persoas que desexen colaborar coa Axencia nos próximos días poden informarse sobre os lugares
de doazón na web https://ados.sergas.es. Dende o Sergas faise así mesmo un recoñecemento a todas aquelas persoas que ao longo do verán acudiron a doar, xa que a súa colaboración xenerosa permite dar hoxe esta mensaxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170