Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 10 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Augas de Galicia activa a situación de prealerta de seca no sur da provincia de Pontevedra

Con esta situación, a Administración hidráulica realizará un seguimento exhaustivo da evolución dos caudais para tomar de xeito coordinado as medidas preventivas.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, vén de activar a situación de prealerta por posibilidade de seca hidrolóxica no sur da provincia de Pontevedra e na bacía do río Castro, na provincia da Coruña. Esta situación aplícase as bacías atlánticas dos concellos da Lama, Pontecaldelas, Fornelos de Montes, Soutomaior, Pontevedra, Vilaboa, Moaña, Cangas, Redondela, Vigo, Nigrán, Gondomar, Baiona, Cotobade e Pazos de Borbén (sistema 1), A Guarda, Oia e O Rosal (sistema 2), e aos concellos da bacía do Río Castro (sistema 3), como Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee.

 

A prealerta só supón un incremento do seguimento, dado que as grandes reservas de auga da zona presentan un estado normal para esta época do ano e non se ten constancia de incidencias por carestía de recursos en pequenos abastecementos.

 

 

 

 

Pese ao menor caudal que levan as bacías atlánticas dos concellos da Guarda, Oia e O Rosal, os ríos que desembocan nas rías de Baiona e Vigo e a bacía do Río Castro, o abastecemento ao núcleos de poboación están garantidos dada a situación de normalidade na que se atopan os encoros de Zamáns, Eiras e Baíña

 

 

 

 

Non obstante, pese o menor caudal circulante observado nos ríos, os recursos para o abastecemento dos grandes núcleos de poboación destas zona están garantidos, dada a situación de normalidade na que se encontran os encoros de Zamáns, Eiras e Baíña. A situación actual podería chegar a afectar só a pequenos abastecementos que se nutran de captacións directas nos ríos ou pozos, aínda que polo momento non se ten constancias de incidencias neste aspecto.

 

O seguimento continuo da situación hidrolóxica que Augas de Galicia leva a cabo nas bacías da súa competencia, indican que os datos das concas do sur e os correspondentes ao río Castro no noroeste presentan unha abundancia hídrica sensiblemente inferior a situación que se considera normal para esta época do ano, no que respecta aos niveis e caudais circulantes polos ríos da zona.

 

Por este motivo, e seguindo o protocolo definido no Plan de Seca, tomouse a decisión de activar o estado de Prealerta por posibilidade de seca hidrolóxica para este sistemas; co fin de poder coordinar de forma máis eficaz, co resto de administracións, medidas preventivas para paliar os posibles efectos dunha seca hidrolóxica, de considerarse necesario.

 

Normalidade nas bacías restantes
As restantes concas da Demarcación Galicia- Costa presenta unha situación de normalidade, xa que os encoros rexistran unha porcentaxe alta de volume encorado e con caudais e niveis de auga nos ríos normais no final do período de estiaxe.

 

 

 

 

As restantes concas da Demarcación Galicia- Costa presentan unha situación de normalidade, xa que os encoros rexistran unha porcentaxe alta de volume encorado e os caudais e niveis de auga nos ríos son normais

 

 

 

 

Non obstante, Augas de Galicia manterá un seguimento continuo da evolución da totalidade de encoros e ríos, situación que trasladará a vindeira semana nunha reunión da Oficina Técnica da Seca (OTS), e que está constituída por técnicos de Meteogalicia, Medio Rural e Augas de Galicia, e que se encargarán de interpretar a situación e coordinar as diferentes actuacións que se consideren necesarias nesta situación.

 

Augas de Galicia recomenda as administracións locais adoitar as medidas necesarias para reducir o consumo urbano da auga naqueles usos prescindibles ou accesorios e promover os mexases de aforro á poboación. Tamén se fai un chamamento á poboación en xeral para facer un consumo responsable da auga; e de xeito especial, nas zonas nas que se activa a prealerta.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.