MOS
Unha Campiona do Mundo apoiada por toda unha parroquia
A atleta Soledad Castro, natural de Dornelas, foi homenaxeada onte no Concello acompañada por un gran número de familiares, amigos e veciños.
![[Img #27473]](upload/img/periodico/img_27473.jpg)
Esta semana celebrouse o acto de recepción da atleta mosense Soledad Castro, Campiona do Mundo de Atletismo de Montaña W50 ano 2016.
O acto contou coa asistencia da Campiona do Mundo arroupada por numerosos familiares, amigos e veciños, ós que lles agradeceu o seu apoio incondicional. Na recepción estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes e tenente alcalde mosense, Alberto Méndez, a edil mosense da parroquia de Dornelas, -de onde é natural e reside Soledad Castro-, Sara Cebreiro, e outros membros do equipo de goberno local e da Corporación Municipal.
Castro deulle unhas sentidas grazas ó Concello polo recoñecemento e agasallou á administración local facéndolle entrega á rexedora municipal dun cadro pintado por ela mesma, que ademais de deportista é artista, no que reproduce a escultura das leiteiras de Dornelas, a súa parroquia natal. A obra pictórica xa se atopa colgada nun lugar destacado do salón da Casa Consistorial.
Durante a última fin de semana de agosto, os días 26 e 27, celebrouse na localidade de Susa, pertencente á Rexión Piamontesa de Italia, a XVII edición do World Masters Muntain Running Championchips (Campionato do Mundo de Carreira de Montaña Veterano). Entre a participación española estivo a atleta mosense Soledad Castro Soliño da categoría W50. A carreira partiu nunha pronunciada baixada baixo o Arco de Augusto, para percorrer un kilómetro de asfalto polas rúas e iniciar o ascenso. Un total de 6550 metros de distancia cun desnivel de 780 metros. Unha subida continua transcorrida por escarpados sendeiros sen tregua para un respiro ata a aparición da meta en Chambertando.
![[Img #27475]](upload/img/periodico/img_27475.jpg)
Soledad Castro proclamouse Campiona do Mundo W50, invertindo un tempo de 0:51:07. Acompañárona no podio Matasova Jana da República Checa (0:53:16) e Quadri Rita Lilia de Irlanda (0:53:35). Acadando deste xeito un título mundial nunha nova disciplina que contribúe a ampliar o seu currículo deportivo de medallas europeas e mundiais.
Soledad suma así un novo título ao seu extenso palmarés de victorias no mundo do atletismo. Entre as súas próximas metas, estará a viaxe a Australia onde se celebrará no mes de outubro o Campionato Mundial de Outras Especialidades.
Nidia Arévalo e Alberto Méndez destacaron o mérito de Castro e o seu afán de suparación e capacidade de sacrificio, así como o feito de ser unha veciña tan querida na súa parroquia, cun gran poder de convocatoria tanto na recepción de onte coma no emotivo recibimento que lle organizaron á súa chegada ao Aeroporto de Peinador.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213