ACCIDENTE DE TREN NO PORRIÑO
A presidenta da Deputación destaca a total coordinación dos efectivos de salvamento no accidente do Porriño
Carmela Silva participou esta mañá na concentración e minutos da Estación de Guixar-Vigo e visitou no tanatorio as familias das vítimas
![[Img #27494]](upload/img/periodico/img_27494.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, acompañada do alcalde de Vigo e varios deputados do goberno provincial, participou esta mañá na concentración na Estación de Guixar, que foi a estacion de saída do “Tren Celta” que onte descarrilou no Porriño causando a morte de catro persoas e varias decenas de feridos, e visitou despois ás familias das vítimas no tanatorio vigués.
Respecto dos labores no lugar do sinistro, Carmela Silva confirmou que os efectivos do Consorcio Provincial de Salvamento e Contraincendios estiveron a traballar toda a noite e conseguiron sacar o vagón máis danado sobre as seis da mañá, finalizando así o operativo despregado nas vías da Estación do Porriño. Foi de madrugada, tras conseguir acceder á zona de asentos do tren máis próxima á cabina, cando afortunadamente puideron confirmar que non había ningún corpo máis non seu interior.
Foron os efectivos do Parque de O Porriño, do primeiro e segundo turno, os que se fixeron cargo, aos poucos minutos do accidente, das tarefas de excarceración dos pasaxeiros atrapados e a evacuación dos feridos, utilizando kits de estabilización para apontoar o vagón. Os traballos desenvolvéronse en “perfecta colaboración co operativo do Parque de Vigo e a policía local de O Porriño, así como co resto de medios de salvamento que se sumaron de inmediato aos labores de evacuación”, segundo explicou a Presidenta da Deputación de Pontevedra.
![[Img #27495]](upload/img/periodico/img_27495.jpg)
Silva quixo recoñecer o esforzo dos efectivos e do seu Xerente, Roberto Jorge Correa, “que coordinaron perfectamente desde o primeiro momento a cobertura en toda a provincia, co Parque de Vilagarcía que se encargou do seguimento na área sur de Pontevedra, mentres que o de Ribadumia realizou esas mesmos labores no norte”, sinalou. De feito, a Presidenta visitará o luns o Parque do Porriño para agradecer persoalmente o traballo dos seus integrantes.
A Presidenta provincial, que cancelou a súa axenda pública ata o próximo luns, volveu a trasladar unha mensaxe de apoio e solidariedade ás familias das catro vítimas mortais no accidente, e de agarimo e desexo de recuperación aos feridos. A Deputación de Pontevedra decretou tres días de loito oficial e desde o venres a primeira hora as bandeiras do Pazo Provincial ondean a media hasta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208