PROVINCIA
A Deputación esixe ao Ministerio de Fomento que cumpra co protocolo da posta en valor dos 18 castros da provincia
A institución provincial remitirá unha carta ao Ministerio de Fomento, que argumenta a súa paralización por atoparse o Goberno estatal en funcións.
![[Img #27515]](upload/img/periodico/img_27515.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, esixiu ao Ministerio de Fomento que actúe de inmediato e que cumpra coas súas responsabilidades no protocolo firmado entre a institución provincial e o Ministerio para a posta en valor de 18 castros de 17 concellos da provincia de Pontevedra. Este proxecto, consistente en tarefas de escavación en seis dos castros e labores de limpeza noutros 12 por parte da Deputación, supón que o Ministerio de Fomento é o encargado, unha vez rematados os traballos da institución provincial, da musealización, consolidación, restauración, accesibilidade e sinalización dos mesmos.
Carmela Silva trasladou, deste xeito, a preocupación cando toda a planificación dos traballos "se coordinou co Ministerio para que a empresa adxudicataria de Fomento empezase a traballar unha vez rematasen os nosos arqueólogos", sinalou. Porén, dende o Ministerio argumentan "o cambio de Goberno en Madrid e a súa situación de interinidade, malia que Fomento xa adxudicou o contrato hai meses, e ninguén foi quen de nos dar unha xustificación clara de por que eses traballos non comezan". A este respecto, a Presidenta da Deputación engadiu que "a única explicación que se nos deu foi que o Secretario de Estado se nega a asinar a resolución do concurso argumentando, textualmente, que mentres o Goberno estea en funcións non vai mover un so papel. Gustaríame lembrar que para a prórroga de Ence, por 60 anos máis, o atoparse o Goberno en funcións non supuxo ningún problema".
A presidenta lembrou que "se Fomento non actúa de forma inmediata as escavacións corren un grave risco de deterioro, xa que se atopan expostos á maleza e ás forte chuvias que temos en Galicia". Silva asegurou que "os arqueólogos, coa finalidade de non correr o mesmo risco, están a estudar a posibilidade de esperar antes de actuar nos castros onde aínda non se iniciou o prazo de actuación por parte da Deputación de Pontevedra "tanto nas tarefas de escavación como de limpeza. Sinalou a Presidenta que "non tería moito sentido facer unha limpeza sen saber cando vai actuar o Ministerio, xa que soamente tardando un par de meses os traballos non terían servido de nada".
Por estes motivos, na Deputación "imos remitir unha carta ao Ministerio amosando a nosa preocupación por que non se estean a cumprir os compromisos adquiridos, xa que o noso obxectivo é o de poder cumprir con este protocolo de posta en valor da riqueza dos castros que temos nesta provincia", concluíu a Presidenta.
Lembramos que ata o de agora a Deputación xa actuou, en canto aos traballos de escavacións, nos seguintes lugares: en Santa Trega (A Guarda), onde se atoparon máis de 40.000 pezas, 40 estruturas e 11 vivendas que permiten estimar que o castro estivo habitado entre o século IV a.C. e mediados do século I d.C. En Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), atopáronse máis de 20.000 pezas, 240 delas de bronce. Este poboado tivo presenza na fase final da Idade de Ferro (século I a.C.) cunha grande vocación comercial a longa distancia (probada pola aparición de ánforas béticas e itálicas, morteiros do val do Guadalquivir, cerámicas púnicas…) e que nalgún momento no cambio de era queda tapado por un "concheiro" sobre o cal se establece un xacemento da época romana (probablemente unha "domus") que estivo ocupado ata finais do século III d.C., un século máis do que se pensaba. No Mercado dos Mouros (Valga) atopáronse 5.000 pezas que confirman o seu carácter comercial, amosando que estaba habitado dende antes do século IV a.C., data que se tiña por certa ata entón. Por último, o da Lanzada (Sanxenxo), onde se atoparon ata o momento máis de 3.000 pezas de cerámica de luxo da época romana que sitúan o xacemento entre os séculos I e III d.C e onde se seguirá traballando ata finais de ano.
A eles haberíaselle que sumar os do Facho de Donón (Cangas) e o da Porta de Arcos (Rodeiro), estando previstos os traballos no Facho de Donón para a terceira semana deste mesmo mes, aínda que a recomendación dos arqueólogos é esperar a que o Ministerio de datas claras de cando comezaría a súa actuación.
En canto aos traballos de limpeza, polo de agora só que acometeron en Adro Vello (O Grove), nos pasados meses de abril e maio. Á espera da resposta por parte de Fomento, a Deputación ten previsto actuar nos seguintes castros: Igrexa Vella (Valga), Monte do Castro (Ribadumia), A Cabeciña (Oia), o castro de Troña (Ponteareas), o castro de Toiriz (Silleda), Castrolandín (Cuntis), Alto da Cruz do Castro (Cotobade), o castro de Penalba (Campo Lameiro), o castro da Subida (Marín), o Alto dos Cubos (Tui) e o Coto de Altamira (As Neves).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101