Galicia
Tres accidentes múltiples deixan cinco persoas feridas en Galicia
Cinco persoas resultaron feridas en diversos accidentes de tráfico rexistrados en Galicia esta mañá. O 112 Galicia tivo coñecemento de tres accidentes múltiples que sucederon en Culleredo, Vigo e Viveiro.
O primeiro ocorreu uns minutos antes das nove da mañá na Avenida de Fonteculler. Tres coches colidiron en cadea e dúas persoas necesitaron asistencia médica.
Pola súa banda, o persoal do 112 Galicia avisou ao servizo sanitario de urxencia, que trasladou aos feridos ao Hospital Modelo da Coruña. Ademais dos profesionais de Urxencias Médicas, dende o Centro de Atención ás Emerxencias se pediu a colaboración dos axentes da Policía Local e do servizo de Protección Civil.
Choque na A-55
Pouco despois das dez desta mañá, outros tres vehículo chocaron cando circulaban pola A-55 en sentido Vigo. Como consecuencia do golpe, unha persoa resultou ferido e foi evacuada ao Hospital Fátima.
Dous feridos en Viveiro
Por último, en Viveiro, cando estaban a dar as doce do mediodía, outro accidente múltiple tiña lugar na Rúa Cantarrana. Dúas das persoas implicadas no accidente tiñan dores en peito e caluga e foron atendidos polos servizos sanitarios de urxencia.
O persoal do 112 Galicia pediu axuda aos profesionais de Urxencias Médicas, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213