GALICIA
O prazo para solicitar o voto por correo nas Eleccións ao Parlamento de Galicia rematará este xoves, 15 de setembro
Os interesados poden solicitalo en calquera oficina de Correos.
O prazo para solicitar o voto por correo para as vindeiras Eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebrarán o 25 de setembro, rematará este xoves, 15 de setembro.
A modalidade de voto por correo está dirixida para aqueles electores que na data da votación teñan prevista a súa ausencia da localidade onde lles corresponde exercer o seu dereito ao voto. Á súa vez tamén pode votar por correo quen, por enfermidade ou incapacidade física, non puidesen presentarse no lugar da votación.
Trátase dun procedemento totalmente gratuíto
A solicitude débese formular persoalmente polas electoras ou electores interesados, que deberán cumprimentar e asinar o impreso de solicitude do voto por correo que se atopa en todas as oficinas de Correos de España. O formulario online está dispoñible para poder descargar, cubrir e entregalo en calquera Oficina de Correos.
A Delegación da Oficina do Censo Electoral correspondente enviará por correo certificado, entre os días 5 ao 18 de setembro, ao domicilio indicado na solicitude do voto por correo a documentación necesaria para exercer o voto. Unha vez recollida persoalmente esta documentación, o elector deberá remitir sobre coa documentación por correo certificado ata o 21 de setembro. Este sobre non necesita franqueo. Trátase dun procedemento totalmente gratuíto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22