ACCIDENTE DE TREN NO PORRIÑO
Concentración para esixir o soterramento das vías que pasan polo Porriño
Todos os grupos da Corporación do Porriño, acordaron este martes, durante a reunión da Xunta Municipal de Voceiros, convocar unha concentración o venres día 30 de setembro, para esixir o soterramento das vías que pasan polo centro da vila.
O Concello dirixirase ao Goberno do Estado e aos responsábeis do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF )para concretar a aprobación dun proxecto que acabe co paso do tren polo medio do Porriño, unha reivindicación que data da metade do século pasado e que nestes 60 anos non foi atendida, maila aos accidentes e a perda de vidas nestas décadas.
Hai exactamente un ano, a alcaldesa, Eva García de la Torre, mantivo en Madrid unha xuntanza con Javier Gallego, daquela director xeral de Explotación e Construción de ADIF, na que Gallego comprometeuse a que o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias financiaría a metade das obras de soterramento. Aquela reunión fora solicitada por García de la Torre logo dos persistentes fallos de seguridade nas barreiras do paso a nivel, que non se baixaban cando pasaba o tren, co conseguinte perigo extremo para os cidadáns.
Pasado este tempo sen ter máis novas de ADIF, e logo de que a Corporación aprobase pedir á Xunta a cesión da titularidade de Progreso y Buenos Aires- dúas calles clave porque nelas hai que acometer varias obras que permitan o soterramento das vías- o pasado 31 de agosto, apenas dúas semanas antes do accidente, a alcaldesa solicitou unha xuntanza coa actual directora xeral de Explotación e Construción de ADIF, Isabel Pardo, para retomar este proxecto, petición que, a día de hoxe non foi atendida.
Unha vez máis, a alcaldesa,no nome da Corporación, volverá a dirixirse aos máximos responsábeis das comunicacións e infraestruturas de España, o presidente do Goberno e o ministro de Fomento, que estiveron no Porriño o mesmo venres do accidente e puideron comprobar, en persoa, os danos, e aos directivos de ADIF, para que concreten os prazos para o inicio deste proxecto.
A Corporación cre que a traxedia ocorrida o pasado venres, día 16, na que perderon a vida catro persoas e outras 49 sufriron feridas de distinta gravidade, é unha dolorosa e terrible proba de que é necesario que o ferrocarril deixe de transitar polo centro do concello, de xeito que se garanta a seguridade, tanto das veciñas e veciños do Porriño, coma dos usuarios dos trens que pasan pola vila.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213