Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 16 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Clausura dos cursos de Graffiti e de elaboración de combinados e Cócteles sen alcohol

[Img #27599]

 

O Pavillón Municipal de Deportes e o Centro Multiusos de Torneiros, foron os escenarios da clausura dos cursos de Graffiti e de elaboración de Cócteles e combinados sen alcohol, organizados polo Concello con cargo ao programa  DepoRúARTE da Deputación de Pontevedra.


No ‘Curso de Graffiti’, participaron unha ducia de rapazas e rapaces que dende o pasado día 30 de agosto coñeceron  a técnica deste arte urbán e remataron un traballo conxunto nas propias instalacións do Pavillón.


Polo que se refire ao ‘Curso de Cócteles e combinados sen alcohol’, as alumnas e alumnos aprenderon a realizar distintos combinados sen alcohol, aproveitando as calidades naturais de froitas e verduras para crear zumes con distintos valores enerxéticos e proteínicos.


O asistentes instruíronse en aproveitar ao máximo os beneficios destes alimentos e a crear as combinacións máis saudábeis, ademais de coñecer as súas propiedades vitamínicas, como antioxidantes, a cantidade de fibra e, asimesmo, evitar que as froitas, xunto con outros alimentos, poidan afectar á dixestión.


Aínda que se anunciara que os participantes neste curso farían unha degustación na Praza de Antonio Palacios, este mesmo mércores, finalmente, por mor do tempo, a mesma tivo lugar no Centro Multiusos de Torneiros coa presenza da alcaldesa, Eva García de la Torre, a deputada de Cohesión Social e Xuventude da Deputación, Digna Rivas que estiveron acompañadas pola concelleira de Educación e Xuventude do Porriño, Lourdes Moure.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.