MOS
A Xunta analiza o proxecto que intengrará a zona do aparcadoiro e do cemiterio de Petelos na área da Casa Consistorial
A secretaria territorial da Xunta en Vigo e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente achegáronse ata o Concello invitados pola alcaldesa para supervisar o proxecto e o inicio da obra, que está na última fase de adxudicación.
![[Img #27609]](upload/img/periodico/img_27609.jpg)
A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes Romero, e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Alberto Fuentes, trasladáronse hoxe ata o Concello de Mos invitados pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo, para analizar o proxecto de mellora que permitirá a integración da zona do aparcadoiro e do cemiterio municipal de Petelos na área da Casa Consistorial. No encontro tamén estiveron presentes membros do seu equipo de goberno así como os colectivos de veciños e veciñas interesados pola intervención que vai a levar a cabo a Xunta de Galicia.
A actuación enmárcase dentro do convenio de colaboración firmado entre a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a rexedora municipal dentro do Plan Hurbe e polo que a Xunta investirá máis de 385.000 euros. Os representantes autonómicos achegáronse ata o Concello para supervisar tecnicamente o proxecto e realizar o exame previo á adxudicación definitiva da obra, que leva a cabo a Administración galega e que se atopa na súa última fase coa estimación de rematar os trámites administrativos a vindeira semana e o inicio da obra no período dun mes. O arquitecto municipal e redactor do proxecto, Manuel Toucedo, foi o encargado de explicar e resolver as dúbidas existentes.
O departamento autonómico investirá máis de 385.000 euros nesta actuación, que se inscribe dentro do convenio rubricado ao abeiro do Plan Hurbe
Segundo o convenio rubricado, a actuación responde ao programa de humanización de rúas e urbanización e mellora de espazos públicos. Deste xeito, con esta obra se mellorará a calidade de vida dos máis de 15.000 veciños e veciñas do municipio sendo o obxectivo final o de integrar estes espazos na contorna, apostando pola humanización que rodea a casa consistorial. No que se refire ao aparcadoiro, executarase unha área superficial como continuación da praza da igrexa e prolongarase o pavimento e plantarase céspede, dando unidade ao conxunto e permitindo usos puntuais diversos cando sexa necesario (festas patronais, manifestacións relixiosas, etc.). Tamén se delimitará o acceso rodado e peonil ao cemiterio de Petelos, achegando comodidade aos veciños ao mesmo tempo que se mellora o aspecto visual do contorno.
Trátase da terceira actuación que se executa neste concello a cargo do Plan Hurbe, pois en 2010 levouse a cabo o acondicionamento e pavimentación da contorna da igrexa de Santa Eulalia, cun investimento de preto de 95.000 euros; e no pasado ano executouse a reposición dun muro de contención en A Rans, na parroquia de Tameiga, cun investimento de 45.000 euros. Así, o investimento desatinado ata a data en Mos a través deste programa achégase aos 525.000 euros.
![[Img #27606]](upload/img/periodico/img_27606.jpg)
Plan Hurbe
Esta actuación inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.
Ao abeiro do Plan Hurbe, téñense executado 105 actuacións, cun investimento total de 112 millóns de euros. Para este ano, o investimento para toda Galicia ascende a uns 11 millóns de euros: 6 millóns previstos nos orzamentos, máis unha ampliación de 5 millóns grazas ao orzamento recibido polo cumprimento da comunidade autónoma co déficit.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22