GALICIA
O DOG licita a contratación da implantación dos novos plans de emerxencia para as presas da demarcación Galicia-Costa titularidade da Xunta
O contrato ten un orzamento global próximo ao millón de euros.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) licitaba esta semana o contrato de execución e implantación de novos plans de emerxencia (http://bit.ly/2cmVdU9) para as presas da demarcación Galicia-Costa das que é titular a Xunta de Galicia: Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con. O contrato ten un orzamento global próximo ao millón de euros.
Nunha primeira fase, os traballos consistirán na redacción dos catro proxectos de implantación nos que se definirán a forma de levar a cabo as distintas actuacións propostas nos plans xa redactados, desenvolvéndoas a nivel construtivo. Posteriormente, nunha segunda fase, abordarase a execución das obras e actuacións necesarias para a implantación efectiva dos plans de emerxencia destas presas.
A implantación destes plans, específicos para cada presa, conseguirá unha mellor coordinación entres as diferentes administracións que estarían involucradas nun hipotético caso de rotura ou mal funcionamento da presa e aumentar a formación da poboación que podería verse afectada no caso dunha emerxencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215