Mos
A Policía Autonómica investiga os presuntos autores dun incendio en Mos
No que levamos de ano, a Policía Autonómica xa investigou ou detivo un total de 59 persoas por delitos relacionados con incendios forestais
A Policía Autonómica informa da investigación de tres persoas como presuntos autores de dous lumes nos concellos de Mos e Ribeira, producidos durante esta mesma semana.
No primeiro caso, axentes da Policia Autonómica de Santiago, no marco dun operativo conxunto co persoal do Distrito Forestal IV- Barbanza, procederon á investigación da presunta autora dun incendio ocorrido na parroquia de Oleiros, concello de Ribeira, o pasado día 12 de setembro, que afectou a 1.200 metros cadrados de superficie. Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Ribeira (A Coruña).
Investigan o incedio nos Cabaleiros
No segundo caso, axentes da xefatura da Policía Autonómica de Vigo, procederon á investigación de dous varóns, como presuntos autores de dous incendios ocorridos no lugar de Cabaleiros, no concello de Mos, os pasados días 10 e 11 deste mes. Os lumes foron producidos cando os investigados se atopaban lanzando fogos de artificio. A superficie afectada foi de 500 metros cadrados de superficie rasa e arborada. Polos ditos feitos instruíronse Dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución nº 3 de O Porriño (Pontevedra).
No que vai de ano, Policía Autonómica xa leva investigadas ou detidas a 59 persoas por delitos relacionados con incendios forestais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22