Miércoles, 01 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

A presidenta da Deputación e a alcaldesa do Porriño agradecen aos bombeiros o seu "excelente traballo" na traxedia do tren

Carmela Silva sinalou que "a coordinación dos efectivos para evacuar aos pasaxeiros e garantir que fosen atendidos axiña foi modélica"

[Img #27619]

 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, o deputado de Economía, Facenda e Réxime Interior, Carlos López Font, e o Xerente do Consorcio Provincial, Roberto Jorge Correa, visitou este luns o parque Comarcal Anti Incendios e de Salvamento do Porriño, que forma parte do Consorcio, para felicitar aos seus efectivos polo "excelente traballo" que fixeron inmediatamente despois do accidente de tren, ocorrido o pasado venres, no que morreron 4 persoas e outras 49 resultaron feridas.

 

Carmela Silva salientou que como presidenta quería agradecerlles, persoalmente a súa entrega durante o descarrilamento, facendo unha labor que a presidenta cualificou de "matrícula de honra", xunto cos integrantes doutros parques, entre eles o de Vigo.

 

A presidenta lembrou que "estes profesionais arriscan a súa integridade para garantir a seguridade dos cidadáns", e engadiu que a coordinación dos efectivos os minutos seguintes, para atender aos feridos e garantir que fosen atendidos axiña foi modélica.

 

Do mesmo xeito, Silva, agradeceu aos medios de comunicación o seu bo facer durante a traxedia e a cobertura que fixeron da mesma na estación do Porriño, e nos días posteriores, e polo comportamento "exemplar" como informadores.

 

Pola súa banda, a alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, afirmou que este era un día para visitar aos profesionais que acudiron inmediatamente á Estación, recoñecer o traballo de "quenes se poñen en primeira liña cando hai unha desgracia e, o venres foron un exemplo, non so os efectivos do Parque Comarcal do Porriño, senón  todos os integrantes dos equipos de emerxencias, aos que estamos fondamente agradecidos e aos que amosamos a nosa admiración polo seu compromiso e xenerosidade "

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.