Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 18 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos Verde forma e amplía as oportunidades laborais de 15 mozos mosenses menores de 30 anos

Este programa mixto de formación e emprego conta con dúas especialidades: deseño gráfico e educación ambiental, e limpeza en espazos abertos e xestión de residuos

[Img #27632]

 

A secretaria territorial da Xunta en Vigo, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, xunto ó concelleiro mosense de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, deron a benvida esta semana na Axencia de Colocación de Mos aos 15 rapaces participantes no Obradoiro de Emprego Mos Verde ademais de saudar ao persoal a cargo do mesmo.

 

A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, deu comezo esta semana na Axencia de Colocación mosense ó Obradoiro de Emprego específico para menores de 30 anos, Mos Verde, no que se ofrece formación e traballo a 15 mozos e mozas desempregados do municipio durante 6 meses. A secretaria territorial da Xunta, Yolanda Lesmes, e o xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, acompañaron ó edil Óscar Soto no inicio do obradoiro.

 

[Img #27633]

 

Así, a iniciativa forma parte do programa de Garantía Xuvenil e para a súa posta en marcha a Xunta inviste máis de 132.000 euros. Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.

 

Neste caso concreto, o obradoiro formará a 15 mozos e mozas nas especialidades de deseño gráfico e educación ambiental (7 persoas) e limpeza en espazos abertos e xestión de residuos (8) durante 6 meses. Ademais de recibir formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional. Tamén, ao remate do Obradoiro os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. 

 

Mos Verde é un programa mixto de formación e emprego, que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade de mozos e mozas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, mediante a realización de obras ou prestacións de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos/as participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co traballo a desenvolver, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

 

Os destinatarios deste obradoiro teñen unha idade igual ou superior a 18 anos e son menores de 30 anos, desempregados/as, inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, e cos requisitos establecidos na normativa do contrato para a formación e aprendizaxe ademais do Sistema de Garantía Xuvenil.

 

O proxecto incorpora formación profesional, ao abeiro dun certificado de profesionalidade, e aúna ao mesmo tempo unha práctica profesional, que permite a realización dun traballo efectivo.

 

As actuacións que se levarán a cabo durante o mesmo son limpeza en espazos públicos abertos, xestión de residuos urbanos e industriais incidindo na compostaxe e reciclaxe, e control e protección do medio natural (dentro da que sería a primeira liña de actuación do obradoiro); e deseño de productos gráficos e interpretación e educación ambiental (na segunda liña de actuación).

 

O fin do obradoiro é a formación nestas dúas especialidades e, concretamente, entre os obxectos de actuación atópanse: a elaboración de trazados e rutas e preparalos para a súa edición gráfica a partir dos recursos naturais e patrimoniais existentes; completar o inventario de recursos naturais co obxectivo de crear rutas e itinerarios do Precurso da Auga e desenvolver proxectos de produtos gráficos ademais de tratar imaxes e elementos gráficos; elaborar materiais didáctico-divulgativos para actividades de educación ambiental; deseñar folletos e carteis sobre recursos naturais e patrimoniais do municipio; deseñar a imaxe gráfica para trasladar a redes sociais ou web municipal deses mesmos recursos; sensibilizar á poboación local coa posta en marcha dun programa educativo dirixido a poboación en xeral e a colectivos e particulares e, por último, actuacións de limpeza en espazos públicos de forma manual e en 7 zonas urbanas do concello que abarcarán o mobiliario urbano, sumidoiros, beiravías, parques e xardíns co obxectivo de conseguir un espazo limpo de residuos.    

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.