GALICIA
O presidente da Xunta anuncia que xa está a disposición dos cidadáns a plataforma É-Saúde, unha ferramenta tecnolóxica que permite personalizar os servizos de cada paciente
Afirma que na plataforma se pode atopar “todo o referido á promoción e á prevención da saúde”.
![[Img #27640]](upload/img/periodico/img_27640.jpg)
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a semana pasada que xa está a disposición dos cidadáns a plataforma É-Saúde, unha ferramenta tecnolóxica que busca personalizar os servizos de cada paciente, aos que poida acceder desde calquera dispositivo.
Como explicou o xefe do Executivo galego, a través dela, cada usuario do Sergas xa pode identificarse e acceder a servizos e contidos personalizados. Tamén poden acceder cidadáns sans que teñan interese na promoción da súa saúde e na prevención de enfermidades.
Polo tanto, calquera cidadán galego, previamente identificado, cun máximo nivel de seguridade, poderá acceder á súa historia clínica, revisar a folla de tratamentos, imprimir os seus informes de alta, probas radiolóxicas ou de analíticas, a súa axenda de citas, etc.
Ademais, de forma máis aberta, sen necesidade de identificación previa, os usuarios que o desexen poderán entrar na Plataforma e atopar páxinas web relacionadas cun determinado problema de saúde; fichas informativas; asociacións de pacientes; foros e chats de comunidades; toda a oferta formativa da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, vídeos sobre campañas sanitarias, etc. “Todo o referido á promoción e á prevención da saúde”, sentenciou.
Segundo Feijóo, este proxecto englóbase dentro das iniciativas europeas Hospital 2050 e Innova Saúde e está relacionado co Fogar Dixital.
Non en van, a telemedicina, as aplicacións móbiles de saúde, así como a historia clínica online “están facendo que a sanidade pública sexa máis eficiente”, subliñou o presidente da Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103