Mos
Iníciase o procedemento de licitación da nova Escola Infantil da Veigadaña
Unha vez contratada a obra empezarán os traballos de construcción, cuxo comezo está previsto para este inverno
![[Img #27664]](upload/img/periodico/img_27664.jpg)
A alcaldesa de Mos anuncia que no Diario Oficial de Galicia, D.O.G., de hoxe publícase a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da obra de construción dunha Escola Infantil de seis unidades na Veigadaña, Concello de Mos, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Dita publicación implica o inicio do procedemento de contratación da obra de construción da Escola Infantil de seis unidades na Veigadaña.
O prazo de execución da obra será de 11 meses e o inicio dos traballos estímase que se producirá en algo máis de tres meses.
A tramitación da contratación da obra será ordinaria e documentalmente simplificada e tratarase dun procedemento aberto, cun orzamento base de licitación po importe total de 863.466,82 euros, IVE incluído.
As empresas interesadas en presentar as súas ofertas ou solicitudes de participación teñen de data límite de presentación as 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (ou sexa, hoxe). Se coincide en sábado ou festivo pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.
E o lugar de presentación é o Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, na rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo, de Santiago de Compostela.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar financia a construcción e equipamento da gardería da Veigadaña, investindo unha cantidade 800.000 euros do orzamento total da obra que ascende a 1.031.141,55 euros.
O proxecto da Escola Infantil foi redactado e aprobado polo Concello de Mos.
Unha vez licitada a obra, poderanse iniciar os traballos de construción do novo edificio, que se estima será de cara ao vindeiro inverno. Con esta nova Escola Infantil “Mos convertirase nun Concello de referencia a nivel autonómico no que respecta ao número de prazas de Escolas Infantiles ofertadas”, segundo declaraba hoxe a rexedora local, Nidia Arévalo.
O pasado mes de maio o Concello de Mos recibía o informe favorable do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da consellería de Política Social da Xunta de Galicia sobre o proxecto da Escola Infantil de Veigadaña, cuxo documento básico foi aprobado pouco despois en Xunta de Goberno Local.
A futura nova Escola Infantil da Veigadaña será a terceira para o Concello de Mos. E estímase que a súa apertura realizarase o vindeiro ano 2017, tal e como se contemplaba dende un principio.
O novo centro infantil de 0-3 anos emprazarase na Veigadaña. Esta escola vaise converter no terceiro centro da rede autonómica ‘A Galiña Azul’ na localidade e vai elevar ata 164 as prazas públicas de educación infantil do Concello. O novo edificio constará de 82 prazas e 6 unidades.
Ademais deste novo centro na Veigadaña, a Xunta de Galicia puxo en marcha a Escola Infantil de Cototorrón (41 prazas), que abriu as súas portas en xuño de 2011. Unha vez aberta a futura gardería da Veigadaña vanse multiplicar por catro as prazas públicas de educación infantil existentes en 2009.
O Concello de Mos dispón xa de 82 prazas distribuídas en dúas escolas: a de Porteliña, que oferta 41 prazas, e a de Cototorrón, con outras 41 prazas.
A nova Escola Infantil da Veigadaña terá unha superficie útil de 600 metros cadrados, situada no núcleo rural de Veigadaña.
A terceira Escola Infantil da localidade mosense será pronto unha realidade. A alcaldesa de Mos explica neste sentido que “a necesidade dunha nova gardería era de vital importancia, dada a enorme demanda de prazas, demanda que ademais crece cada ano, e motivo polo cal a día de hoxe temos máis de 50 nenos e nenas en lista de espera para matricularse nas dúas Escolas Infantís existentes: Porteliña e Cototorrón”, declarou Nidia Arévalo.
Dada a gran demanda de prazas de gardería que aumenta anualmente de xeito substancial, a nova Escola Infantil que se construirá en Mos será do formato de seis módulos, que é o máis grande de entre os existentes.
O proxecto da nova Escola Infantil en Veigadaña configúrase cunha xeometría circular, optimizando a superficie e o aproveitamento da luz solar do edificio. Para formular a disposición dos distintos elementos, realizouse un estudo das orientacións da parcela, de modo que a zona de aulas disponse na parte sur e oeste, recibindo a máxima achega solar, mentres que a zona de servizos disponse na parte norte.
Dispóñense ademais diferentes espazos libres interiores para a realización de actividades de ocio.
Formúlase a utilización de sistemas de xeración de enerxía pasivos, tratando de adaptar o deseño do edificio aos estándares de sostibilidade. O proxecto pretende xerar un espazo interior de calidade no que alumnos e profesores poidan desenvolverse e gozar do proceso de aprendizaxe, unha actividade fundamental en idades tan temperás.
O proxecto foi realizado polos arquitectos Juan Ignacio Prieto López, Faustino Patiño Cambeiro e Estefanía Grandal Leirós; esta última é ademais unha novísima profesional veciña de Mos, que fará unha contribución de gran relevancia ó seu Concello con esta innovadora construcción de importantísima función social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101