Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Miércoles, 21 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Iníciase o proceso de contratación da reparación dos danos do temporal en Tameiga

O expediente relativo ás obras na Estrada da Vía e no Camiño de Bosende será aprobado na Xunta de Goberno Local desta semana.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou onte de que será aprobado na Xunta de Goberno Local desta semana o expediente de contratación da obra de reparación dos danos producidos polos temporais de xaneiro e febreiro na Estrada da Vía e no Camiño de Bosende, ambos viais na parroquia mosense de Tameiga.

 

Será a Dirección Xeral de Administración Local (dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza) a que financie estes traballos cuns 180.000 euros, que se suman ós preto de 60.000 euros (59.664,93 euros concretamente) conveniados en agosto coa consellería de Medio Rural para realizar actuacións no camiño Carballo do Monte e camiño Cabo da Vella, para subsanar os danos do temporal na parroquia mosense de Guizán. Con estes 240.000 euros que entre as consellerías de Presidencia e Medio Rural destinan a Mos, quedan resoltos os danos máis graves e urxentes do temporal do pasado inverno.


Así Arévalo diríxese ós membros da oposición que se preguntan onde está o diñeiro da Xunta de Galicia para subsanar os danos dos temporais: “aquí está a aportación da Xunta e o que eu estou esperando agora é a ver onde están os cartos da Deputación, que llo pregunten á señora presidenta, dona Carmela Silva”, apuntou a rexedora local mosense.


Tamén o pasado mes de agosto o Concello de Mos asinara este convenio coa Dirección Xeral de Administración Local para reparar os danos sufridos polo municipio mosense, concretamente na parroquia de Tameiga: o Camiño de Bosende e a Estrada da Vía, a causa do temporal do pasado inverno. Obras de reparación cuxo procedemento de contratación está a piques de ser iniciado.

 

Sendos proxectos de reconstrucción do Camiño de Bosende e da Estrada da Vía, constan de memoria valorada, anteproxecto de obras, e memoria detallada e valorada do equipamento; incluíndo en cada documento memoria explicativa, orzamento detallado e planos a escala.


Respecto destes traballos, a rexedora local mosense declaraba esta mañá que “unha vez máis queda demostrado que quen resolve é a Xunta de Galicia, pois é a única administración que se está a facer cargo dos desperfectos causados polos temporais en Mos”, dixo. E explicou que “a única realidade é que a solución dos problemas en Mos chega soamente da man dos gobernos local e autonómico, e grazas á súa xestión”.


E a alcaldesa tamén insistiu en que “mentres que Concello e Xunta nos desvivimos por solucionar os danos dos temporais en Mos, a presidenta da Deputación de Pontevedra parece ter sensibilidade e preocupación cero polos concellos, xa que non demostra nin demostrou intención algunha de solucionar o problema”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.