O PORRIÑO
A concelleira de Educación rexeita a negativa da Xunta de abrir unha aula da Escola Oficial de Idiomas no Porriño
![[Img #27691]](upload/img/periodico/img_27691.jpg)
A concelleira de Educación do Porriño ven de amosar o seu rexeitamento á decisión, “completamente inexplicábel”, do Goberno de Galicia de denegar a petición do Concello de embicar no Porriño unha aula da Escola Oficial de Idiomas.
Lourdes Moure subliña que a solicitude foi aprobada polo voto unánime do Pleno do Concello o pasado 27 de abril deste ano. Axiña, o Goberno local iniciou os trámites para tramitar a concesión da devandita aula, remitindo a súa proposta á Consellería de Educación.
Na memoria adxunta á solicitude, o Goberno local sinalaba que puña a dispor da Xunta un centro educativo con capacidade para esta aula que tiña capacidade para abrir en horario de tarde, coma precisa a Escola Oficial de Idiomas.
A memoria engadía a transmisión do “interese” do IES Ribeira do Louro en acoller nesta aula, ao tempo que se evitaba a Escola Oficial de Idiomas pago da nómina de Conserxería e os gastos de calefacción e luz que eran asumidos polo Concello do Porriño, “de xeito, a Xunta só tería que asumir o custo do perosal docente”.
A concelleira contactou este mesmo martes co responsable do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, Álvaro Ariño, quen lle transmitiu que a solicitude do Porriño “foi transmitida ao director xeral de Centros e Recursos Humanos e ao conselleiro de Educación [Román Rodríguez González]” ao tempo que sinalaba que a consellería non podía facerse cargo do pago da nómina dun profesor e medio, que é o persoal docente que necesitaría a aula da Escola Oficial de Idiomas do Porriño, e dos gastos de material.
Lourdes Moure subliña que o Concello ofrecía un espazo para aula, evitaba á Xunta o pago da nómina dun conserxe, e asumía o gasto de calefacción e iluminación, “minimizando o orzamento que tiña que acometer a Consellería de Educación”.
Moure lembra que a colaboración do Concello do Porriño coa Xunta é total e que de feito “a Administración galega utiliza distintos inmobles municipais completamente de balde, sen afrontar o pago de alugueiros, de calefacción e de electricidade, que son a conta dos porriñeses, gastos que sí ten que pagar a Xunta noutros concellos nos que non conta con estas facilidades”.
A concelleira lamenta que esta colaboración institucional non teña reciprocidade por parte da Xunta e que sen argumentar a súa negativa, que non ten máis explicación que a diferencia de cor política co Goberno local, deixe ás porriñesas e porriñeses sen esta aula tan demandada por eles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101