SALCEDA DE CASELAS
Os socialistas de Salceda "botamos en falta no noso concello políticas activas de emprego por parte da Xunta"
![[Img #27701]](upload/img/periodico/img_27701.jpg)
Os socialistas fan unha valoración das políticas de emprego no Concello de Salceda e destacan que botan en falta "políticas activas de emprego por parte da Xunta".
Na súa opinión, "a Xunta unha vez máis non lle da as mesmas oportunidades os veciños e veciñas de Salceda que a outros concellos gobernados pola súa mesma cor política". A voceira socialista fai un repaso do último ano, e sinala, que Salceda é un dos municipios esquecidos pola Xunta no eido do emprego e a formación “denegáronse todas as accións solicitadas e non se levou a cabo no noso concello ningunha acción formativa para desempregados (cursos AFD), Plan Integral de Emprego, Obradoiros e tamén o Técnico de Información e de Orientación Laboral. Todo isto, despois de facer un esforzo moi importante na lexislatura anterior dende a concellería que dirixíamos os socialistas, invertendo nun centro de desenvolvemento local que chegou a ser unha referencia en toda a comarca. “A Xunta non valora o esforzo feito polos veciños e veciñas de Salceda, e está claro que as políticas de emprego non son unha prioridade para o goberno do Partido Popular”.
As concelleiras socialistas, sinalan tamén que esta situación de falta de interese total da Xunta, vese agravada polas escasas medidas de fomento do emprego levadas a cabo polo goberno local. “Aínda que as competencias en materia de emprego as ten a Xunta, consideramos que tamén existe unha inactividade neste eido por parte da concellería de emprego, que nos levou por exemplo a perder o servizo de orientación laboral o ano pasado, circunstancia que nos limitou por outra banda para obter a puntuación mínima para poder volver a por en marcha o servizo de Orientación Laboral da Rede de colaboradores do Servizo Público de Emprego”.
Os socialistas demandan da Xunta igualdade de oportunidades para os veciños de Salceda.
Insisten, en que por parte do goberno da Xunta de Galicia, non se está a garantir a igualdade de oportunidades dos veciños e veciñas de Salceda, non só nesta materia, tampouco no eido sanitario ou ensino. Consideran de vital importancia que se adopten medidas para facilitar o acceso ó emprego, a formación e a mellora de competencias. “Temos un elevado número de desempregados, que necesitan apoio na búsqueda de emprego, e que dende o goberno autonómico están pechando os ollos a esta situación, concedendo axudas só naqueles concellos do seu interese, temos exemplos de concellos do noso contorno que recibiron subvencións para varios cursos, obradoiros e Plans Integrais de Emprego, e non concedendo ó noso ningunha destas accións”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149