AS NEVES
As analíticas da Confederación Hidrográfica confirman a salubridade da auga do Rio Termes
Despois de oito dias de xestión, e de restricións no subministro de auga da traída municipal das Neves, o Concello recibiu os resultados das analíticas realizadas a través da Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) que reflicten parámetros "dentro da normalidade".
Conseguintemente están a reanudar a captación da auga do rio Termes; este proceso de enchido de depósitos estenderase por un lapso de aproximadamente 24 horas, e debe someterse, así mesmo, a un control da calidade da auga antes do seu verquido á rede municipal.
A gran cantidade de materia orgánica presente na auga por causa dos constantes movementos, cortes e reanudacións do servizo, provocan que tamén durante o mesmo lapso de aproximadamente 24 horas sexa desaconsellable a inxesta e uso culinario de auga da traida municipal. Este feito xa foi comunicado a todos os usuarios e usuarias por parte das autoridades municipais
"Esa restrición na inxesta ven coincidir co período que se necesita para restablecer a normalidade completa do subministro" sinalan dende o Concello.
Durante estes oito dias xa transcorridos dende o inicio dos cortes parciais de subministro de auga potable téñense aportado mais de un millón de litros de auga por medio de vehículos cisterna contratados polo Concello e achegados pola Axencia Galega de Emerxencias. Un proceso de garantía básica se subministro de auga que ten costado ao Concello preto dos 20.000 euros (sen computar os dias que restan ate a normalización, nin os custes de persoal) e que como se lembrará foi causado polo efecto de arrastre provocado polas choivas do luns dia 12 de setembro na cinza dos incendios forestais sufridos o pasado dia 11 de agosto.
Por outra parte, esixe o goberno municipal, "se proceda abordar con eficiencia a situación da cinza nos montes da vagoada do Termes, para evitar un novo episodio destas características. Téndose acadado o compromiso verbal da Dirección Xeral de produción forestal de levar a cabo medidas restauradoras e preventivas".
"Se xa foi lamentable que non se actuara durante todo o mes de agosto a pesares telo expresamente advertido, o que xa resultaría inaceptable, dende calquera punto de vista, é que voltara producirse" explican.
Agradecementos
O Goberno Municipal agradece "a colaboración e comprensión de todas as persoas que están a sufrir esta especial situación restritiva. Expresamos o noso especial agradecemento aos Concellos de Arbo, Salvaterra e especialmente Ponteareas pola súa contribución solidaria coas veciñas e veciños das Neves".
"Tamén ao persoal técnico da CHMS e da Consellería de Sanidade, así como, especialmente, aos traballadores e traballadoras municipais que teñen realizado funcións mais alá do esixible".
"En calquera caso, e aínda sendo parte esencial do seu cometido, debe subliñarse o esforzo persoal do Concelleiro responsable do Servizo".
Dende o goberno local destacan "a actitude construtiva do representante do grupo popular na oposición, a quen se mantivo informado das circunstancias esenciais deste episodio".
Por último sinalan nun comunicado que "agardamos que as Institucións con competencias en emerxencias, sanidade, montes e medioambiente contribúan definitivamente á restitución ao erario municipal dos custes deste episodio, así como a restablecer o equilibrio natural necesario para evitar a súa repetición".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103