GALICIA
Toda a información sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia atópase na web 'eleccions2016'
Tamén está dispoñible o telefono gratuíto de información ao elector 900 82 09 16.
Preto de 20.500 persoas visitaron a paxina web http://eleccions2016.xunta.gal/, posta en marcha pola Xunta con motivo das vindeiras eleccións ao Parlamento galego.
Esta páxina configúrase como unha ferramenta que facilita un coñecemento rápido e sinxelo de todos os aspectos esenciais relacionados coas eleccións ao Parlamento de Galicia, como textos legais, candidaturas, procedementos de votación, calendario electoral, bases de datos con resultados das anteriores eleccións ou preguntas frecuentes, de maneira que toda a información básica sobre o proceso estea accesible aos cidadáns.
Na mesma liña, desenvolveuse e implantouse un servizo de información telefónica en materia electoral denominado “Teléfono do elector” a través do número 900 82 09 16 dando así cobertura ás necesidades de información por parte dos cidadáns no proceso electoral, e que será atendido en horario de 9.00 a 20.00 horas, de luns a domingos
O vindeiro 25 de setembro traballarán 2.716 representantes da Administración, que por primeira vez nas eleccións galegas contarán cada un cunha tablet para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.
Por primeira vez nas eleccións galegas dotarase dunha tablet a todos os representantes da Administración para a transmisión dos datos electorais de todas as mesas de Galicia
Este sistema permitirá, entre outras vantaxes, unha maior velocidade de escrutinio, maior exactitude, a eliminación de tarefas intermedias de comunicación telefónica e gravación de datos no Centro de Recollidas de Datos, e a diminución os recursos utilizados e do número de postos de recepción por telefono.
Haberá dous centros de recollida de datos, na Cidade da Cultura e no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago. Ademais haberá 40 oficinas de incidencias, localizadas en toda a comunidade autónoma.
Con motivo das eleccións ao Parlamento de Galicia están convocados ás urnas un total de 2.701.848 electores galegos, dos cales 446.269 residen fóra de Galicia. Haberá un total de 3.977 mesas electorais, en 2.463 locais electorais repartidos nos 314 municipios galegos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101