Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 22 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Unha mosense de 25 anos triufa na Semana da Moda de Madrid

Elena Rial gañou onte o premio Mercedes-Benz Fashion Talent de xoves deseñadores.

A mosense Elena Rial Muíños, de 25 anos de idade, ven de gañar onte a oitava edición do Mercedes-Benz Fashion Talent de xoves deseñadores que se celebrou con motivo da Fashion Week de Madrid. Durante o seu desfile estivo acompañada dos seus pais, Antonio Rial Moreno e María Magdalena Muíños Lago, do seu irmán Gonzalo Rial Muíños, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; natural da mesma parroquia que esta familia, a parroquia de Mos.


Esta era a terceira ocasión que Elena Rial era seleccionada para mostrar as súas creación na Samsung Ego, a plataforma para xoves deseñadores coa que se pon punto final á Semana da Moda de Madrid.


[Img #27704]Rial xa está de regreso á alemana cidade de Berlín, onde vive e traballa, cun importante galardón baixo o brazo que premia o talento e a creatividade das novas promesas da moda. Agora Rial pasa xa de ser unha promesa a reivindicarse como unha deseñadora con nome propio a pesar da súa enorme xuventude.


A colección para a primavera/verano 2017 que a erixiu en gañadora inspírase no Rumspringa, período en que os adolescentes Amish poden saír da comunidade para explorar a cidade sen seguir as normas, puidendo cambiar de indumentaria, calzado e usar maquillaxe. As prendas presentadas por Elena Rial, con texturas como lá, plumetti, estampados e bordados, son unha mezcla entre a roupa que levan sempre os Amish e a roupa de cidade. Nelas predominan as cores oscuras e a estética deportiva.


A pesar dos nervios que ela mesma recoñeceu que pasara, Rial considera tamén que o seu desfile tivo moi boa aceptación e ela tamén está contenta co resultado, polo que está a recibir numerosas felicitacións.


A escenografía do desfile de Elena Rial gardou unha estética moi coidada e mantivo en todo momento a minuciosidade nos detalles, mediante –entre outros aspectos- unha alfombra de flores que cubría a pasarela e que perseguía o obxectivo de transmitir luz ás pezas que lucían os e as modelos.


A rexedora local, Nidia Arévalo, manifestouse emocionada e agradecida “por ter podido acompañar a esta novísima e talentosa mosense nun momento tan importante na súa carreira profesional, e destacado para a moda española emerxente”. “É un orgullo para min como alcaldesa, e estou segura de que para todos os veciños e veciñas de Mos tamén, contar cunha moza mosense exemplo de traballo, superación e excelencia profesional; valores encomiables, máxime cando se trata de alguén dunha idade tan temperá”, declarou Arévalo, quen rematou apuntando que “Mos é un Concello de moda, e así o demostra este premio de Elena Rial; os innumerables éxitos de Pili Carrera, e a firma Bimba y Lola, con sede central tamén no municipio mosense”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.