PROVINCIA
Carmela Silva fai un chamamento ás Administracións para que poñan en marcha proxectos que atendan con calidade ás persoas afectadas polo alzhéimer
No Día Mundial do Alzhéimer, as Deputadas de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e de Deportes, Chelo Besada, asistiron a unha mesa informativa na praza da Peregrina.
![[Img #27705]](upload/img/periodico/img_27705.jpg)
A Deputación de Pontevedra leva amosando dende as 0:00 horas do día de hoxe a súa solidariedade polo Día Mundial do Alzhéimer, que se está a celebrar hoxe 21 de setembro. Faino, en primeiro lugar, tinguindo a fachada do edificio do Pazo provincial de cor violeta: esta iluminación especial comezou onte pola noite, coincidindo co arranque da efeméride, e levarase a cabo de novo esta noite.
A Presidenta da institución provincial, Carmela Silva, asegurou que “hoxe ten que ser un día para facer un chamamento a todas as Administracións tanto a nivel europeo como español e o conxunto das Comunidades Autónomas, e particularmente á Xunta de Galicia, para que se faga fronte con recursos suficientes en canto a investigación e atención de calidade a todas as persoas que padecen o alzhéimer”. Asegurou ademais a Presidenta que “son a Unión Europea, o Goberno do Estado e a Xunta de Galicia quen teñen competencias para loitar contra unha situación que padece unha porcentaxe amplísima da sociedade”. Silva engadiu a este respecto que dende a Deputación de Pontevedra “quero que se escoite a nosa voz para que sexan esas Administracións competentes as que formulen e poñan en marcha proxectos, con recursos suficientes, repito, para que esas persoas sexan atendidas coa dignidade que merecen”.
Ademais, esta mañá as Deputadas de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, e de Deportes, Chelo Besada, estiveron na mesa que instalou a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Pontevedra (AFAGA) na céntrica praza pontevedresa da Peregrina, na esquina coa rúa Oliva.
A través das mencionadas iniciativas, a Deputación de Pontevedra amosa a súa solidariedade cunha doenza que afecta a un número importante de persoas na provincia. “Na provincia de Pontevedra, estamos a falamos de decenas de miles de persoas afectadas”, lembrou a Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, durante a súa visita á mesa informativa de AFAGA, e apuntou que “en Galicia sofren algún tipo de demencia arredor de 100.000”.
O alzhéimer é a máis común das doenzas neurodexenerativas, representando un 70% de todos os casos. Galicia é unha das rexións máis afectadas polo alzhéimer de toda a Unión Europea por mor do alto índice de envellecemento da súa poboación, feito que a AFAGA sinala ao alertar de que se prevé un incremento da súa incidencia en Galicia xa que, de feito, a idade é o maior factor de risco á hora de padecelo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103