Galicia
Avanza a implantación das materias de libre configuración
As materias de libre configuración propostas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria seguen incrementando a súa presenza no ensino galego neste curso 2016/17, ao abeiro da implantación da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).
Novidades
Este ano ofertouse por primeira vez para 1º e 2º de ESO a materia de Igualdade de Xénero, que imparten 27 centros. En 1º de ESO é novidade Obradoiro musical, que se desenvolverá en 37 centros.
No caso do Bacharelato son novidade, todas en 2º curso desta etapa, Literatura galega do século XX e da actualidade (105 centros), Ética e filosofía do dereito (121 centros), Filosofía da ciencia e da tecnoloxía (96 centros), Métodos estatísticos e numéricos (170 centros), Electrotecnia (48 centros), Xeografía e historia de Galicia (115 centros) e Patrimonio artístico e cultural de Galicia (55 centros).
Segundo ano
Cómpre lembrar que no curso 2015/16 xa se implantaron parte destas materias. Este é o caso, en 1º e 2º de ESO, de Programación, Oratoria, Educación financieira, Paisaxe e sustentabilidade en Galicia, Xadrez, Investigación e tratamento de información e Promoción de estilos de vida saudables.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180