O PORRIÑO
Un centro de veciños de Casal estrean un subministro normal de auga nas súas casas
A Concellería de Vías e Obras, con cargo ao Plan Concellos 2015 da Deputación de Pontevedra, ven de acometer a mellora do subministro de auga a máis de 25 vivendas do barrio do Casal, na parroquia de Budiño,beneficiando a un cento de residentes no mesmo.
Como explica o tenente de alcalde, Manuel Carrera, esta zona de Budiño tiña un grave problema de presión e caudal de auga que impedía que a mesma chegase con forza suficiente como para facer cousas tan correntes como ter un quecedor que funcionase con normalidade, ou poder abrir máis dunha billa sen que a auga deixase de chegar. En resume, subliña Carrera, “os veciños de Casal estaban pagando por un servizo que non recibían, algo completamente inxustificábel”.
Dende 2005 os residentes nesta zona do Porriño viñan pedindo ao Concello que solucionase esta situación, algo ao que o tenente de alcalde comprometeuse con eles, en persoa, hai apenas un ano, “este é o tempo que levamos traballando nela”, subliña Manuel Carrera quen asegura que estas casas terán nunhas horas un servizo de abastecemento de auga “normal, como o resto dos veciños do Porriño”.
Para poder garantir o mesmo investíronse tres meses de traballo e un total de 93.762,03€, para a colocación dunha tubaxe de polietileno, de preto de 800 metros, cun diámetro de 125milímetros, 16m de tubaxe de fundición dúctil grampada a unha ponte, cinco válvulas de comporta e unha ventosa, así coma as conexión coa rede xa existente. Para rematar, se acometerá a reposición do pavimento afectado polas obras ademais da sinalización horizontal que había na zona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101