AS NEVES
A Deputación achega 20.000 euros ao Concello das Neves ante as necesodades de emerxencia no subministro de auga da traída municipal
Tal como sinalou a Presidenta, Carmela Silva, a institución provincial solicitará as administracións competentes que dean “unha resposta estrutural a esta problemática”.
![[Img #27761]](upload/img/periodico/img_27761.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, reuníronse esta mañá con carácter de urxencia acompañados polo Vicepresidente da Deputación, César Mosquera, e o tenente de alcalde da vila, Eduardo Mariño, por mor das restricións no subministro de auga da traída municipal nesta vila despois dos incendios que sufriu o pasado verán. A Presidenta da institución provincial e o rexedor nevense asinaron a concesión dunha axuda por parte da Deputación de 20.000 euros en base ás necesidades de emerxencia da vila para subsanar esta situación.
A Presidenta provincial matizou que “malia que a Deputación non ten competencias, xa que quen as ten é a Xunta de Galicia como queda claro na Lei de emerxencias, entendemos que se trata dun problema real xa que o subministro de auga non se puido realizar por un problema de salubridade pública e de seguridade para as persoas, circunstancias que nos obrigan a actuar ao respecto”. A Deputación actuará no aluguer de vehículos e maquinaria, a realización de analíticas diarias e reparacións no sistema de abastecemento debido á necesidade de realizar actuacións urxentes de emerxencia social que fagan fronte a este imprevisto.
O Concello e a institución provincial estiveron en contacto dende o pasado venres, de modo que o luns a Deputación recibiu unha solicitude de busca de colaboración por parte do Concello para establecer as medidas necesarias que solucionasen o problema de saúde pública e seguridade xerado nos últimos días na vila das Neves. Un día despois, o martes, un enxeñeiro visitou As Neves para avaliar a situación.
Ademais, Carmela Silva adiantou que “dende a Deputación imos a pedir que as administracións competentes dean unha resposta estrutural a este problema, porque o precisa”. O Concello das Neves e o seu alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, xa se puxeron en contacto con estes organismos á vez que enviaron a solicitude á institución provincial.
Lembramos que As Neves tivo que restrinxir durante oito días o subministro de augas por mor das cinzas e demais materia orgánica que se depositaron sobre o río Termes, problema que aumentou os últimos días debido ás choivas. Dende o Concello advírtese á veciñanza de que mentres dure o proceso de bombeo aos depósitos para estabilizar a rede de distribución, dende hoxe ata mañá, non é recomendable beber ou cociñar coa auga da traída municipal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103