Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Viernes, 23 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Iníciase a contratación do saneamento de Roublín

O luns levarase a Pleno a proposta de aprobación do proxecto de execución da actuación.

[Img #27763]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que o vindeiro luns levarase a aprobación en sesión plenaria ordinaria do mes de setembro, o proxecto de execución da obra de acometida da rede de saneamento en Roublín-Pereiras, para a continuación iniciar a contratación da empresa que levará a cabo a devandita actuación.

 

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e a alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo, asinaron un convenio de colaboración polo que a Xunta destina unha dotación de 500.000 euros para financiar íntegramente estes traballos.

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Mos colaboran para mellorar o saneamento de distintos puntos do rural deste municipio. E é que Arévalo e Mato asinaron tamén outro convenio por importe de 350.000 euros para a execución dunha nova rede de saneamento noutros dous puntos que non dispoñían dela, nas zonas de Pedraucha e de Atín–Cela.

 

O de Roublín trátase dun convenio de colaboración a tres bandas entre Augas de Galicia (dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio), o Consorcio de Augas do Louro e o Concello de Mos para execución da rede de saneamento nesta zona da parroquia de Pereiras.


 
Unha vez aprobado en Pleno o proxecto e realizada a contratación da obra, executarase de forma inminente esta actuación.

 

As obras consisten na execución de nove ramais de colectores que finalizan nun pozo de bombeo, e a súa correspondente impulsión. Son de gran importancia, pois permitirán a conexión á rede xa existente dun núcleo de vivendas no núcleo de Roublín, parroquia de Pereiras.

 

Os colectores a executar suman en total unha lonxitude de 2.058 metros.

 

O custe total da actuación ronda, como xa se dixo, os 500.000 euros, e vai ser financiado íntegramente por Augas de Galicia. O prazo de execución da obra é de catro meses.

 

Con esta actuación vaise dar servizo de saneamento municipal a 114 vivendas, o que supón un aumento de preto de 250 persoas que poidan dispor de dito servizo.

 

O obxectivo destes traballos é mellorar as condicións de vida nesta zona de Mos, eliminando puntos de vertedura e, grazas a iso, mellorando a calidade das augas dos ríos da contorna. A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, rematou destacando “a importancia da posta en marcha infraestruturas e servizos coma este, que melloren a calidade de vida dos cidadáns e cidadás”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.