Galicia
Máis de 2,2 millóns de galegos están chamados mañá a votar
![[Img #27769]](upload/img/periodico/img_27769.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosou hoxe aos medios de comunicación o centro de prensa dende onde mañá se difundirán os resultados das Eleccións Autonómicas, nas que están chamados a votar 2.255.579 galegos, nas 3.977 mesas distribuídas polos 2.463 colexios electorais.
Rueda estivo acompañado do secretario xeral da Presidencia, Manuel Galdo, e da directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García Señoráns, cos que trasladou aos medios os detalles do desenvolvemento da xornada electoral e do dispositivo tecnolóxico e operativo que a Xunta puxo en marcha no Centro de Difusión de Datos.
Entre outros aspectos, explicaron que o censo electoral nestas eleccións ao Parlamento galego se eleva a 2.701.848 persoas, xa que aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia hai que sumarlle os 446.269 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes, CERA. O electorado contará con preto de 35 millóns de papeletas e tres millóns e medio de sobres de votación.
Ademais, sinalaron que para a recollida da información habilitouse un dispositivo do que forman parte 2.716 representantes da administración, que por primeira vez nas eleccións galegas contarán cada un cunha tableta para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.
Está previsto que ao longo do día de mañá se produzan polo menos catro comparecencias dos responsables da Xunta. A primeira ás 10,15 horas para dar conta da apertura de mesas e posibles incidencias; outras dúas para trasladar os avances de participación, ás 12,30 e ás 17,30; e outra máis unha vez o reconto estea avanzando para informar dos resultados do escrutinio.
Ademais, todos os cidadáns poderán ter acceso aos datos en tempo real na páxina web http://resultados2016.xunta.gal, onde se ofrecerán datos do escrutinio provisional a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concellos e datos de participación segundo se vaian recibindo. A web será accesible desde dispositivos móbiles como smartphones ou tabletas e permitirá seguir tamén as roldas de prensa, tanto en directo como en diferido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180