GALICIA
FeSP-UGT insta ao Sergas a que expliquen por que hai ambulancias circulando que exceden o peso permitido
Non se poden adxudicar concursos sen verificar que se cumpren as condicións mínimas de seguridade e legalidade.
A Federación galega de Servizos Públicos (FeSP-UGT) ven de remitirlle á Secretaría xeral técnica do Sergas e á dirección da Fundación pública de urxencias sanitarias de Galicia 061 un escrito no que se denuncian as condicións nas que están circulando as ambulancias deste servizo, moi por enriba do peso permitido, e no que se piden explicacións e solucións a un problema que cuestiona a seguridade e saúde dos traballadores do transporte medicalizado e a dos doentes e usuarios.
O Sindicato ten coñecemento desta situación tras facerse pública unha denuncia por infracción grave imposta pola Guardia Civil de Tráfico a unha ambulancia medicalizada de Foz por exceso de peso máximo autorizado, superando nun 21 por cento o establecido no regulamento, concretamente en 821 quilogramos. Isto convértese en máis de 1.000 se se ten en conta que no momento da denuncia a ambulancia só estaba ocupada por persoal de garda e non contaba co equipamento extra (incubadora, balón de contrapulsación...).
Unha vez que se coñecen os feitos, os sindicatos solicitan unha xuntanza coa dirección da xerencia do 061 que culpa directamente ás empresas de ambulancias que acudiron ao concurso, deixando entrever que puido existir un engano na documentación presentada no seu momento.
Non obstante, ante a insistencia por parte dos sindicatos na busca de solucións, a dirección propón instalar un kit que teoricamente autorizaría a incrementar o peso máximo ata os 4.400 quilogramos e, ao mesmo tempo, diminuír o peso da ambulancia retirando material como a bala de osíxeno, roda de reposto ou aire acondicionado, ademais de reducir os 500 quilogramos de peso que ten o material a 250.
Nembargantes, FeSP-UGT considera que esta non é a solución e pide información actualizada do estado de todas as ambulancias medicalizadas do 061 de Galicia, en relación co seu peso real no transcurso das súas funcións habituais; información sobre o equipamento co que se contaba antes da denuncia e o que se pretende retirar; información do estado de todas as ambulancias de soporte vital básico de Galicia, en relación co seu peso real habitual e cando son medicalizadas a instancias do 061; e, sobre todo, o Sindicato esixe que se aclaren cales son as medidas que se adoptaron e ás que se van adoptar para solucionar este grave problema de seguridade que afecta a toda a cidadanía.
FeSP cualifica de totalmente irresponsable a conduta da Dirección e xerencia do 061 e da Consellería de Sanidade por ter adxudicado concursos sen verificar que se cumpren as condicións mínimas e a legalidade vixente.
RISCOS PARA OS TRABALLADORES
O Sindicato insiste en que a día de hoxe segue sen darse solución a un problema que a diario pon en risco a seguridade dos traballadores do transporte sanitario en Galicia, así como, a dos doentes que vense na obriga de utilizar o servizo e a do conxunto da cidadanía que circula polas estradas galegas porque, baixo as condicións anteriormente denunciadas, o risco de accidentes de tráfico é moito maior que en circunstancias normais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101