GALICIA
Persoal do CAE 112 Galicia e Adif afondan nos protocolos de actuación en caso de accidente ferroviario
Membros de ambos organismos incidiron nalgúns aspectos que profundan nunha mellor comunicación e coordinación en situación de crise.
![[Img #27783]](upload/img/periodico/img_27783.jpg)
O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia, pertencente á Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, acolleu a pasada semana unha xornada formativa impartida por membros de Adif, que axudou a afondar nos protocolos de actuación en caso de accidente na rede ferroviaria.
A comunicación entre ambos organismos é fluída e efectiva, aínda así os equipos se comprometeron a redobrar esforzos que revertan nunha mellor coordinación e cooperación dos recursos de emerxencias en situación de crise.
A clave é garantir aos efectivos de emerxencias un acceso seguro ás vías
Durante a xornada se profundou, ademais, nos protocolos de actuación establecidos co obxectivo de confluír nunha única forma de traballar que se traduza nunha resposta rápida e efectiva cando máis se necesita.
En caso urxencia na rede ferroviaria, unha chamada ao 112 Galicia será suficiente para que o persoal do Centro de Protección e Seguridade de Adif poña en marcha todos os recursos técnicos e humanos que garantan aos efectivos de emerxencias un acceso seguro ás vías.
Arredor da vía férrea existe un complexo sistema de electrificación que pon seriamente en risco a vida das persoas. Así, segundo se explicou durante a xornada, antes de introducirse nas vías, os efectivos de emerxencias deben de ter a certeza de que a corrente eléctrica está desactivada. En xeral, ante un incidente na vía férrea, do tipo que sexa, convén chamar ao 112 e agardar a axuda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22