Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 03 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Os concellos do Val Miñor crean sinerxias 
para levar a cabo un novedoso obradoiro de emprego de promoción turística

Os tres alcaldes presentaron a semana pasada a acción formativa ante os 15 alumnos-traballadores seleccionados, que cobrarán o salario mínimo interprofesional.

[Img #27809]

 

Os alcaldes dos tres concellos do Val Miñor asistiron a semana pasada á inauguración do novo obradoiro de emprego "Valiemprega Xove", adicado á 'Promoción turística local e información ao visitante' e que se desenvolverá en Gondomar durante seis meses. A acción formativa é froito por vez primeira dunha sinerxia entre os tres municipios (ao marxe da Mancomunidade) para solicitar unha subvención ao respecto. Así, das tres solicitudes plantexadas á Consellería de Economía, Emprego e Industria a inicios de ano se concedeu únicamente 130.784,85 € (cofinanciado polo Fondo Social Europeo) para este proxecto no que os tres concellos aportan a súa vez 10.578 € . En total, hai 15 alumnos-traballadores dos tres municipios (un de Oia tamén ao quedar esta praza dispoñible) que cobrarán o salario mínimo interprofesional e que contan cun máximo de 30 anos de idade (un dos requisitos era estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil).

 

"Os tres concellos, asesorados dende os respectivos técnicos de emprego, unímonos para pedir este proxecto de especial interese para a nosa comarca, xa que o turismo é unha das nosas principais fontes de riqueza e, por tanto, de traballo", sinalou o alcalde de Nigrán e presidente da Mancomunidade, Juan González, na presentación do mesmo no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar.

 

Entre os obxectivos deste novo obradoiro está promover e comercializar destinos turísticos locais, xestionando servizos de información turística e participando na creación, comercialización e xestión de produtos e servizos  turísticos do entorno local, empregando en caso necesario a lingua inglesa.

 

"É un obradoiro que busca a inserción no mercado laboral destes 15 mozos pero que, ao mesmo tempo, seguro que beneficia aos tres concellos a hora de promover mellor o seu atractivo turístico", resumiu González.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.