Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 29 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Presidenta Carmela Silva visita as oficinas do oral en Ponteareas e O Porriño

Estas dúas sedes recadaron, a día de hoxe, preto de 12 millóns de euros no que vai de ano.

[Img #27824]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou onte as oficinas do servizo da Deputación de Pontevedra de Xestión Tributaria e Catastral (ORAL) en Ponteareas e O Porriño. Estas oficinas atenden esencialmente aos concellos e ás veciñas e veciños das súas comarcas con necesidades de pago de impostos e taxas por propiedades, así como á cidadanía de calquera outro concello da provincia. A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañou á Presidenta provincial durante a visita á sede de dita vila.

 

Carmela Silva avanzou que, durante o que vai de ano, “as oficinas do Porriño e Ponteareas recadaron preto de 12 millóns de euros” (4,6 no caso do Porriño e arredor de 7 millóns no de Ponteareas). As  oficinas ORAL de Ponteareas e O Porriño reciben un importante número de usuarios e usuarias que tributan nos concellos destas dúas vilas e das súas áreas de influencia, principalmente Mos, Mondariz-Balneario, Mondariz, Salceda de Caselas, Salvaterra, As Neves, Arbo, A Cañiza, Covelo, Pazos e Crecente.

 

Cómpre lembrar que estes datos están pendentes de engadir as cifras do último trimestre, período onde ten lugar o maior volume de recadación de todo o ano, razón pola cal os datos de recadación unha vez se peche o ano serán substancialmente superiores aos acadados ata o momento.

 

A Presidenta sinalou, ademais, que “este servizo non estaba o suficientemente valorado e o debemos facer dende a Deputación, porque é un grande servizo”. Silva lembrou que “para a maioría dos concellos, 52 deles con menos de 20.000 habitantes, sería absolutamente imposible xestionar o conxunto das cuestións tributarias que se xestionan dende o ORAL” e asegurou que “este é un servizo que garante que os concellos poidan obter os ingresos aos que teñen dereito pola vía tributaria, que serven para que fagan as políticas e os gastos que teñen que levar a cabo para garantir a prestación dos seus servizos públicos”.

 

Atendendo ás áreas de influencia destas dúas oficinas, este ano recadáronse xa 2.985.837 € do concello de Ponteareas (que ten cedidos todos os impostos municipais agás as multas de tráfico), outros 603.979 € de Mondariz e 139.793 € de Mondariz-Balneario (ambos os dous, todos agás as taxas de construción), 910.620 € de Salvaterra do Miño (o ORAL xestiona todos os seus impostos agás a recadación executiva), 362.428 € de Pazos de Borbén, 367.002 € das Neves (ao igual ca en Pazos, cedidos todos agás as multas de tráfico e as taxas de construción), 360.301 € de Arbo (todos as multas de tráfico, a xestión catastral, a taxa de construción e o imposto aos vehículos), 180.337 € de Crecente (todos agás as multas de tráfico e a taxa de construción), 608.214 € da Cañiza (o ORAL xestiona todos os impostos menos as taxas de construción) ou 405.357 € de Covelo (agás as multas de tráfico).

 

Unha das vantaxes que supón o emprego dunha oficina do ORAL é que, ao se tratar dun servizo centralizado da institución provincial, a cidadanía pode empregar unha oficina mesmo se quere facer trámites relativos a unha propiedade doutro concello, haxa ou non unha oficina nel. Isto é, que se unha persoa reside en Ponteareas e traballa no Porriño, pode facer as xestións relativas ao seu fogar na oficina do Porriño, aínda que o ORAL tamén teña unha sede en Ponteareas.

 

Lembramos que o ORAL é o servizo da Deputación de Pontevedra encargado de realizar a xestión, inspección e recadación de tributos e outros ingresos de dereito público dos concellos que delegan as súas competencias na institución provincial. Á súa vez, encárgase de todos os trámites e xestións relacionadas coa competencia sancionadora que lle sexa delegada, en especial a relativa ás multas de tráfico. O ORAL ofrece aos concellos da provincia a totalidade da tramitación dos seus impostos por delegación.

 

O ORAL ofrece servizos de información á persoa contribuínte (información tributaria, calendario fiscal, procedementos de recadación, información sobre formas de pagamento), tramitación de expedientes (cambios de titularidade, división de recibos, beneficios fiscais…), emisión de documentación (de existencia ou non de débedas, xustificantes de pagamento e relativa aos obxectos tributarios –solicitude de axudas á dependencia, de avogado/a de oficio, etc–) e outros, como a tramitación de expedientes catastrais ou asesoramento sobre recursos e comparecencias presentados ante a Xerencia do Catastro de Pontevedra.

 

No que se refire aos datos en toda a provincia de Pontevedra o servizo ORAL da Deputación de Pontevedra leva recadados nos primeiros 9 meses do ano un total de 51.529.139,89 € e emitiu 1.427.317 recibos, 250.000 máis que en todo 2015. Lembramos, unha vez máis, que estes datos están pendentes de engadir as cifras do último trimestre, período onde ten lugar o maior volume de recadación de todo o ano, razón pola cal os datos de recadación unha vez se peche o ano serán substancialmente superiores aos acadados ata o momento.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.