Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 29 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Cultura considera "unha falla de respecto hacia o tecido asociativo de Mos que a Deputación non os trate a todos por igual"

A Concelleira Mosense mostrouse hoxe "sumamente entusiasmada" trala noticia de que por fin o actual goberno bipartito da Deputación destine unha subvencion para unha asociación de Mos, neste caso un importe de 6.800 € para a  Asociación Festa da prehistoria, pero ó mesmo tempo sinalou tamén o inxusto que lle parece "que sexa para unha asociación  únicamente isto é dar a espalda á realidade do tecido asociativo de Mos, pero eu coñezo ben o traballo e o esforzo que realizan todas as asociacións do meu municipio e non é xusto que no que levan gobernando deixaran de lado  tanto ás Asociación culturais e veciñais como á Escola de Música de Mos que conta na actualidade con mais de  400 alunmos/as cun custe anual de 150.000 € e non reciben absolutamente nada da Deputación de Pontevedra”.


[Img #27830]"Mos era un dos municipios que máis subvención de este tipo recibia debido ó gran número de asociacións existentes na localidade e tamén ó elevado número delas que solicitaban ditas  axudas" por esta razón a edil  Sara Cebreiro explicou hoxe que " a Deputación de Pontevedra caracterizouse sempre por ofrecer liñas de axudas a colectivos, que resultaron ser fundamentais para sustentar e impulsar as iniciativas das asociacións veciñais, culturais, deportivas ou sociais da provincia e pide  responsabilidades ós deputados López Font e Magallanes e á presidenta da administración provincial, Carmela Silva" engadindo que  “é unha pena que por mor do xeito en que fan as cousas, cada dia se desvaneza máis o apoio as Asociacións tanto culturais como veciñais co importante que é axudar a estes colectivos  para aumentar a súa capacidade de xestión e de resolución de problemas ademais de fomentar a cultura”


Cebreiro sinala que "en xuño a nova Deputación  eliminou de un plumazo a liña de axudas que eran básicas e necesarias para reforzar os pequenos investimentos nos locais do rural; e o fixeron da peor forma posible, deixando ao marxe ás asociacións veciñais que a día de hoxe son alleas a esta decisión, porque nin se lles explican as razóns que levaron a eliminalas, nin se lles deixa argumentar a necesidade de seguir contando con elas".


"Unha desas liñas importantes era o Plan de Acción Comunitaria (PAC), destinado as  asociacións veciñais da provincia. A través deste programa, en 2015 repartíronse 1 millón de euros entre preto de 300 colectivos de toda a provincia, que atoparon neste apoio a oportunidade de desenvolver iniciativas tan importantes e necesarias como a mellora de traídas de augas, de camiños ou mesmo o arranxo e equipamento das propias casas veciñais" explica a responsable de cultura.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.