Martes, 07 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Septiembre de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Arévalo ordea abrir expediente a empresa concesionaria do servizo de limpeza de camiños

“O concello realiza un esforzo económico importantísimo para poder dar un servizo tan necesario as veciñas e veciños de Mos e non vai permitir de ningún xeito que non se realice da maneira axeitada” resalta Nidia Arévalo .

[Img #27831]

 

Debido ás constantes queixas por parte da veciñanza no escaso tempo transcorrido da execución do contrato pola empresa adxudicataria das limpezas viarias  a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ven de  abrir  expediente a empresa concesionaria deste servizo de limpeza.

 

Unha vez “constatando unha deficitaria prestación deste servizo, tal como unha evidente desorganización, falta de continuidade nos traballos, así como unha clara falla dos medios necesarios para acometer dito servizo, nin que dicir da continua denuncia pola mala ou nula recollida do material de desbroce”  a rexidora local ordenou que se fixesen comprobacións técnicas de maneira continuada nas que quedaron confirmadas ditas deficiencias no servizo”.

 

“Dende o pasado mes de Xullo en que esta empresa asinou o contrato e deron comezo os traballos de limpeza nas parroquias foron múltiples as visitas realizadas por concelleiros acompañados polos técnicos municipais ás distintas parroquias onde se estaban executando os traballos, advertíndolle ós responsables da empresa da deficiencia detectada na execución dos traballos contratados e instándolle a súa boa realización e o arranxo dos desperfectos ocasionados en diversos puntos” Sinala Arévalo, polo que prosigue “feitas numerosas advertencias, detéctase que non houbo melloras na realización do servizo, continuando as incidencias mencionadas sen arranxar, é por isto que vémonos na obriga na mañá de hoxe, en reunión cos técnicos municipais e o equipo de goberno,  de ordenar a apertura de  expediente a empresa concesionaria”

 

 O incumprimento das condicións establecidas no contrato asinado co Concello, dará lugar ás correspondentes penalizacións, previo expediente tramitado ao efecto; sinalándolle ademais que o incumprimento continuado das obrigas contractuais é causa de rescisión do contrato.

 

“O concello realiza un esforzo económico importantísimo para poder dar un servizo tan necesario os veciñ@s de Mos e non vai permitir de ningún xeito que non se realice da maneira axeitada” finaliza a rexedora.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.