O PORRIÑO
Vinte veciñas e veciños sen emprego participan nun obradoiro de emprego remunerado
![[Img #27851]](upload/img/periodico/img_27851.jpg)
A concelleira de Emprego e Benestar, Soledad Girón, acompañada pola delegada territorial de Emprego da Xunta, deu a benvida este xoves aos 20 participantes no Obradoiro de Emprego que durante 6 meses, dende este 29 de setembro, ao 28 de marzo de 2017, adquirirán coñecementos de albanelaría e traballo forestal.
Os participantes, homes e mulleres, seleccionados pola Oficina do Servizo Galego de Emprego, farán un traballo remunerado e con alta na Seguridade Social durante os seis meses de duración do obradoiro recibindo, ao mesmo tempo, formación, teórica e práctica, de profesionais acreditados que contribuirán a mellorar a súa empregabilidade.
O obradoiro estará dividido en dúas actividades: nunha delas 10 alumnas e alumnos acometerán a reforma da antiga Escola Unitaria de Covelo, na parroquia de Atios, realizando operacións auxiliares de revestimento; a segunda delas consistirá na restauración ambiental da parcela en ruínas do Centro de Interpretación da Natureza nas Gándaras de Budiño.
O orzamento total do obradoiro será de 179.134,2€, dos que o Concello do Porriño pon un total de 40.000 €, asumindo a Administración galega os 139.134,2€ restantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119