AS NEVES
As Neves recupera os "excesos" pagados en electricidade
Tras facer un estudo da facturación eléctrica municipal dos últimos anos, o Concello consegue a devolución dos cartos aboados erradamente polo goberno anterior.
Despois de presentar unha reclamación perante o Instituto Galego de Consumo, o Concello vén de recuperar 30.782,32 € que se corresponden cunha facturación errónea feita pola compañía eléctrica Gas Natural Sur S.D.G. S.A. entre o 7 de abril de 2011 e o 2 de abril de 2013 nas subministracións coa tarifa de acceso 2.0DHA.
Os erros, detectados tras realizar un estudo de toda a facturación eléctrica do Concello, inclúen diferenzas entre o criterio de facturación aplicado pola devandita compañía e o criterio oficial, marcado polo artigo 9.3 do R.D. 1164/2001 e posteriormente ratificado no informe sobre a facturación eléctrica do termo da enerxía reactiva, publicado pola Comisión Nacional de Enerxía (CNE) en maio de 2013.
Entre as diferenzas analizadas, atópanse a porcentaxe de consumo de enerxía reactiva respecto da enerxía activa sobre o cal se aplica o termo de facturación de enerxía reactiva, a porcentaxe de activa a deducir da facturación eléctrica e os períodos sobre os que se aplica (como é o caso dos períodos con tarifa nocturna). Con todo, a contía a reclamar foi de 20.721,33 €, á que houbo que engadir o Imposto Especial sobre Electricidade, o IVE e os xuros correspondentes, ascendendo a suma total aos 30.782,32 € anteriormente mencionados.
Acolléndose ao R.D. 1954/2005 e ao informe da CNE do 9 de febreiro de 2006, nos que se di explicitamente que se se facturaron cantidades superiores ás debidas estas deberán devolverse na primeira facturación seguinte, o Concello esixiu a devolución destes cartos. Devolución realizada pola compañía no pasado mes de agosto.
Unha vez máis, o goberno municipal tenta mellorar a eficacia e a eficiencia coa que se xestionan os cartos públicos que manexa. Aspectos fundamentais que Xosé Manuel Rodríguez Méndez recalca dende a súa chegada á alcaldía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215