Jueves, 02 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 01 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Este domingo cita cos callos, este ano en 40 locais e con xenuino pan do Porriño

A esperada festa gastronómica pon a cancela de ouro á ‘Festas do Cristo’ 2016

[Img #27858]O Porriño pecha as Festas do Cristo 2016, que veñen de celebrarse, con actividades constantes por todo o Concello, durante 25 días seguidos, cunha cancela de ouro: a  tradicional e esperada Festa dos Callos, que este domingo, día 2 de outubro,chega á súa XXIII edición.


A Festa bate varios récords este ano, o máis salientable é a participación dun total de 40 locais hostaleiros da vila, espallados por todo o concello, dende a rúa A Relva, en Torneiros, pasando polo Progreso, Domingo Bueno, Avenida de Galicia, Avenida Antonio Palacios, Malladoura, Leandro Diz, Ramirans, San Sebastián, Praza do Cristo, Pio XII ou Enrique Peinador.


Outra das ‘marcas’ desta edición, é a variedade das receitas que se servirán, todas acompañadas de xenuíno Pan do Porriño, no que chaman especialmente a atención os Callos con macarróns e, sobre todo os Callos Veganos, que farán posible que persoas vexetarianas poidan gozar deles.


Por último, a Asociación de Comerciantes (ACIPOR), e a de Hostaleiros do Porriño (AHOSPOR), organizadores desta festa, patrocinada polo Concello, agardan superar outra ‘plusmarca’ a das 20.000 racións servidas na edición do ano pasado. A elo axudará o feito de que os callos se sirvan a prezos moi aquelados: ración con pan do Porriño e cazola, 4€, e se son para levar, 3,5€.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.