Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Sábado, 01 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

As familias de Mos teñen unha cita cos Rockeinstein este Domingo

A actividade, programada para as 18:30 está incluida dentro do programa “Ocio en familia”.

 

 

A concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil Kely Monzón, trae a Mos o espectáculo ‘Os Rockeinstein, enmarcada dentro do programa “Ocio en familia”.


Os Rockeinstein  propoñen un divertido musical ambientado no laboratorio do doutor Rockeinstein que decide crear un ser vivo e convertelo nunha estrela do Rock ´n Roll mesturando para elo na súa maquina de experimentos os ingredientes necesarios: Un disco dos Kiss, un póster dos Rolling Stones, un calcetín do guitarrista de ACDC, un rizo de Tina Turner, unha chapa de Rosendo… O experimento resulta ser un éxito aínda maior do que agardaba, pois da súa máquina de experimentos musicais non só  sae unha criatura futura estrela do rock: saen tres! Tres estrelas de rock que faran que o público disfrute e sexa participe dun educativo musical a través do Rock.


A actuación da compañía Mala Sombra terá lugar o domingo 2 de outubro ás 18:30 horas, no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso. A entrada é libre e de balde para tódolos cativos e as súas familias interesados en asistir.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.