MOS
A nova adxudicataria da recollida do lixo activa un teléfono gratuito de información
Este servizo básico busca "a excelencia trala adxudicación do servizo de recollida a unha nova empresa, renovar o parque de contenedores" e por a disposición dos cidadáns un número de teléfono GRATUITO -900 720 190- así como se intensificará o control dos puntos de recollida.
Segundo se informou esta semana por parte da edil de Medio Ambiente, Julia Loureiro, URBASER, a nova empresa que está levando a cabo a recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, pon a disposición dos cidadáns un número de teléfono GRATUITO, o 900 720 190, en horario de 09:00-13:00 horas, ao que se deberá chamar para poder programar a recollida de enseres voluminosos e mobles. Dito número de teléfono tamén está dispoñible para recoller calquer tipo de queixa, suxerencia ou dúbida que se teña do servizo de recollida e limpeza viaria. Hai que dicir que ante a gran demanda que xa existía no concello para a recollida deste tipo de residuos, a frecuencia mínima de recollida será de unha vez por semana (xeralmente os martes), aínda que se aumentará en función da demanda existente en cada momento. Aproveitase para indicar aos cidadáns que fagan uso deste teléfono para a recollida destes residuos e non os depositen sen previo aviso á empresa, pois dese xeito poden quedar acumulados varios días producindo unha mala imaxe de limpeza no concello.
A empresa está realizando unha recolocación de 400 contenedores de nova adquisición por todo o termo municipal de Mos. Nunha primeira fase esta labor realizarase en zonas máis urbanas e posteriormente irase ampliando ás zonas rurais do Concello. O parque de contenedores do concello verase deste modo renovado para dar o maior servizo de calidade que a poboación demanda neste servizo de recollida de residuos. Así mesmo, a empresa actual está realizando a reparación de todos aqueles contenedores que teñan algún desperfecto "nun tempo inferior a unha hora dende a recepción do aviso" aseguran.
Así mesmo, URBASER tamén está levando a cabo durante os meses de setembro e outubro, un lavado e desinfección de todos os contenedores, tanto interior como exterior, de tal forma que se garantan na medida do posible as condicións hixiénicas máis axeitadas e se minimicen os olores que se poidan producir. A frecuencia de lavado dos contenedores será trimestral (cada 3 meses), salvo para os contenedores de papel-cartón que será anual. Así mesmo, aumentarse dita frecuencia en épocas estivais de verán, por verse incrementados os olores debido ás altas temperaturas.
Tamén se viu reforzado o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria durante a celebración das festas que ten lugar en todo o termo municipal ao longo de todo o ano, mediante a instalación de máis contenedores e o reforzo de personal de limpeza viario nos días de celebración das mesmas.
A concelleira de Medio Ambiente, tamén informou que se están a substituir as xaulas existentes para a recollida de aceites de cociña usados, por outro sistema moito máis cómodo e menos contaminante para o usuario, como son contenedores urbanos de exterior deseñados para tal uso de capacidade 180 litros. Deste xeito o usuario non terá que verter directamente o aceite, como se facía previamente nas xaulas, senon que o sistema de recollida será introducindo directamente o envase/botella de aceite no interior do novo contenedor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180