GALICIA
A Xunta outorga axudas a 157 homes que reducen a súa xornada laboral para o coidado de fillos ou fillas menores de tres anos
A contía que poden percibir vai dos 1.700 aos 3.700 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada e do número de menores ao seu cargo.
O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución da Secretaría Xeral de Igualdade das axudas para os traballadores que reducen a súa xornada laboral para coidar dos seus fillos ou fillas menores de tres anos. En total foron concedidas 212 axudas, das que 157 foron para homes e 55 para mulleres.
Esta liña de axudas ten como obxectivo apoiar a asunción de responsabilidade familiares por parte dos varóns e contribuír á desaparición dos estereotipos sobre a diferente disposición de homes e mulleres a asumir o coidado dos fillos e fillas menores.
A medida pretende fomentar a corresponsabilidade e impulsar o cambio dos roles, implicando aos varóns na atención e o coidado dos seus fillos e fillas
Neste contexto, as axudas de Igualdade supoñen un apoio económico para aqueles traballadores que reduzan a súa xornada laboral a estes efectos, considerando que esta medida favorece tamén a permanencia no mercado laboral das mulleres traballadoras con responsabilidades familiares. Ademais dos varóns, as axudas tamén poden ser solicitadas por familias monoparentais, con independencia de que a persoa responsable da unidade familiar sexa un home ou unha muller.
En concreto, podían solicitar as axudas as persoas que se atopasen en situación de redución da xornada entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril 2016, polo coidado de fillos ou fillas biolóxicas ou ben adoptadas ou en situación de acollemento familiar, permanente ou preadoptivo. O orzamento destas axudas ascende a 440.000 euros, e a contía que poden percibir as persoas beneficiarias vai dos 1.700 aos 3.700 euros, en función da porcentaxe de redución da xornada e do número de menores ao seu cargo.
Entre 2009 e 2015 o Goberno galego outorgou máis de 3,5 millóns de euros para os traballadores que reduciran a súa xornada laboral, beneficiando a un total de 1.560 persoas.
Fomentar a corresponsabilidade
O obxectivo destas subvencións de Igualdade é fomentar a corresponsabilidade e impulsar así o cambio dos roles diferenciados entre mulleres e homes, implicando a estes últimos na atención e o coidado dos seus fillos e fillas. Neste contexto, as axudas supoñen un apoio económico para aqueles traballadores que reduzan a súa xornada a estes efectos, ao tempo que favorecen tamén a permanencia no mercado laboral das mulleres traballadoras con responsabilidades familiares.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213