Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 03 de Octubre de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos organiza unha excursión á Ribeira Sacra para a terceira idade

A saída está prevista para o sábado 29 de Outubro e está aberta para os maiores de 65 anos ou prexubilados maiores de 55 anos.

[Img #27886]

 

A concellería de Participación Cidadá dirixida por Kely Monzón, oferta ós  maiores de Mos unha saída pola zona da Ribeira Sacra.

 

Esta excursión está programada para o sábado 29 de outubro. A saída da excursión será dende o Concello (edificio Urbanismo) ás 8:00 horas da mañá con dirección a Doade, onde os participantes poderán realizar unha visita no tren Abba Sacra polos bancales de Doade, Amandi e Chanteiro.

 

A continuación realizarase un almorzo nun restaurante desa fermosa zoa natural, e ramatarán a saída cunha viaxe en catamarán polos Cañons do Río Sil.

 

Poderán participar todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. No caso de existir vacantes poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en  Mos.

 

O prazo de inscrición é dende o xoves 6 de outubro ata o 19 de outubro, presentando a solicitude no Rexistro do Concello ou nas oficinas do Multiusos. O día 20 de outubro farase pública a lista de admitidos/as,  para que os participantes poidan facer o ingreso do importe (30 €uros para os empadroados e 40 €uros para os non empadroados) ata o 26 de Outubro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.