MOS
A Concellería de Participación Cidadá volve a por en marcha o curso “Coñece o teu móbil” para que os maiores lle saquen o máximo partido
Do 5 o 13 de outubro poderán apuntarse nesta acción formativa totalmente gratuíta.
A concellería de Participación Cidadá de Mos organiza, novamente, dous cursos para maiores titulados ‘Coñece o teu móbil’. Esta vez en dúas modalidades diferentes; iniciación e perfeccionamento. Estes darán comezo o martes 18 e luns 17 de outubro, e alargaranse ata o 20 e 21 de decembro, respectivamente.
Impartirase no Multiusos das Pozas, en horario de 11.30 horas a 13.00 horas. Trátase dunha acción formativa totalmente gratuíta.
Os destinatarios/as desta iniciativa son todas as persoas empadroadas no Concello de Mos maiores de 65 anos, ou pensionistas maiores de 55 anos. No caso da modalidade de perfeccionamento, terán preferencia aqueles inscritos que xa asistiron con anterioridade o curso de iniciación impartido entre maio e xuño deste mesmo ano. Así mesmo, de existir vacantes, poderán participar os maiores de 55 anos que non desenvolvan actividade laboral e as persoas non empadroadas en Mos.
As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es. A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do Concello: www.mos.es O prazo de solicitude estará aberto dende o 5o 13 de outubro. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello.
Unha vez entregada a documentación pertinente, farase a comprobación de que se cumpren os requisitos. O día 14 de outubro será publicada a lista de admitidos/as.
Obxectivos do curso
Entre as persoas de maior idade hai dous grandes mitos asociados ao uso de teléfono móbil: o primeiro que eles non precisan estes aparatos porque nunca antes os empregaron, e o segundo, que debido a súa complexidade, non van a saber como usalos. Ambas crenzas son totalmente infundadas, xa que os terminais móbiles ofrecen numerosas prestacións para os maiores, e tamén son cada vez máis fáciles de utilizar.
Por si todo isto fose pouco, os teléfonos móbiles tamén dan solución a dous dos principais temores das persoas da terceira idade. Un é a soidade -un porcentaxe moi elevado de persoas maiores viven e se senten soas-, asociado sobre todo á distancia dos seus seres queridos, e o outro é o medo a que lles suceda algún imprevisto -como un accidente doméstico, por exemplo- e que ninguén poida asistilos a tempo.
Por todos estes motivos, o proxecto ‘Coñece o teu móbil’ é un taller educativo concibido para que as persoas maiores participen plenamente na Sociedade da Información, e como consecuencia, melloren sensiblemente a súa calidade de vida grazas ó uso cotiá das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Así mesmo, co curso de perfeccionamento, quérese dar continuidade a coñecementos xa adquiridos en anteriores edicións e as peticións da poboación do Concello de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103