GALICIA
Hoteis e restaurantes certificados por Galicia Calidade participan unha xornada de formación do mundo do café
A xornada, impartida polo barista Óscar de Toro, achegou aos asistentes todo o relativo á elaboración de café, combinados tanto en máquina como en infusión.
![[Img #27890]](upload/img/periodico/img_27890.jpg)
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Galicia Calidade, organizou este pasado luns unha xornada de formación para establecementos turísticos certificados polo selo de garantía. A xornada, impartida polo barista compostelán Óscar de Toro, achegou aos máis de 20 asistentes, todo o relativo á elaboración de combinados con café, tanto en máquina como en infusións.
Durante o curso, os asistentes coñeceron a historia deste produto tan importante na gastronomía mundial como é o café, a segunda materia prima en datos económicos do mundo. Os asistentes tamén tiveron una parte práctica onde puideron experimentar e perfeccionar as súas técnicas na elaboración de expresos, cafés infusionados, como cremar o leite ou incluso combinados de café con bebidas alcolicas. A xornada contou coa colaboración de Feiraco, empresa láctea certificada por Galicia Calidade. Os seus produtos da gama Unicla foron os empregados para as elaboracións con leite.
Entre os asistentes á xornada, atopábanse os hoteis e restaurantes certificados por Galicia Calidade, logo do convenio asinado entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Clúster de Turismo de Galicia.
Estes establecementos non só ofrecen unha garantía de calidade nos servizos que prestan aos seus clientes, avalada co selo Galicia Calidade, senón que tamén contribúen a difundir os produtos agroalimentarios que se producen en Galicia, xa que contan con diferentes selos de garantía, como son os viños, os licores, as carnes, os ovos, as conservas, etc.
Neste sentido, os requisitos básicos para obter o selo Galicia Calidade figura a necesidade de dispoñer dunha oferta gastronómica cunha proporción significativa de pratos galegos, con materias primas de orixe galega certificada (denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas, etc.), sobre todo, no caso dos viños e licores tradicionais galegos, como o augardente, licor café ou licor de herbas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121