PONTEAREAS
Ponteareas consegue as axudas do Programa de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado
A candidatura foi seleccionada de entre 269 propostas polo Ministerio de Facenda e Administración Pública e o Concello recibirá unha axuda de 5 millóns, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
A Corporación Municipal aprobara en pleno no mes de xaneiro presentar a candidatura para optar ás axudas que o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), a través do Ministerio de Facenda, disporá para aplicar accións relacionadas co desenvolvemento urbano sostible e integrado.
A Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) de Ponteareas, presenta un orzamento de 6.250.000 euros. A axuda concedida dos FEDER ascende a 5.000.000 de euros, o máximo ao que se pode optar. O Concello comprométese a aportar os 1.250.000 euros restantes no período que vai dende o presente ano 2016 até o vindeiro ano 2020.
A estratexia "Ponteareas, Hábitat Saudable" desenvolverá catro grandes eixos: tecnoloxías da información, economía baixa en carbono, protección do medio ambiente e inclusión social e redución da pobreza.
Trátase dunha oportunidade para que “Ponteareas logre unha cidade saudable, sustentable e inclusiva no Horizonte 2020. O obxectivo é poñer en marcha medidas relacionadas co fomento de emprego, coa modernización da administración, co acceso ás novas tecnoloxías da información, coa eficiencia enerxética, coa promoción da paisaxe cultural e do patrimonio inmaterial e coa inclusión dos colectivos menos favorecidos”, sinalou o alcalde, Xosé Represas. "A concesión destas axudas é proba do traballo solvente de todo un Concello a prol da cidadanía", comentou a concelleira de Urbanismo, Vías e Obras, Chus Garrote.
Poranse en marcha grupos de traballo coa veciñanza, asociacións e axentes locais co fin de definir os proxectos concretos a desenvolver dentro da idea xeral de facer unha cidade máis amigable. Ao mesmo tempo, dende o Concello, crearíase unha comisión especial de seguimento na que estarían representados todos os grupos da corporación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184