SALVATERRA DE MIÑO
Inicio novos cursos no Concello de Salvaterra de Miño
Un ano máis, coincidindo no tempo co inicio do curso escolar, o Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar as diversas actividades que ofrece para os seus maiores no outono / inverno.
Unha ampla variedade de cursos que nace tamén da propia demanda dos usuarios. Así algúns xa son un clásico, como o Curso de Iniciación a Informática Básica, que a pesar de ser un dos que leva máis anos activo segue tendo unha demanda moia ampla. Igual que o Obradoiro de Memoria e Lectura, co que xa levamos varios anos traballando e ten unha moi boa acollida.
Despois do éxito que tivo o ano pasado, este ano repítese o curso Coñece o teu Móbil co fin de por a disposición de todos os usuarios as novas tecnoloxías e axudarlles nas dudas e inquietudes diarias, así como intentar que aprendan a sacarlle o mellor partido a algo que hoxe en día é un máis na nosa casa, o teléfono móbil.
E como novidade este ano estreamos a Escola de Maiores, co fin de que todas aquelas persoas que polas circunstancias que foran non puideron rematar en condicións os seus estudios, ou simplemente queiran repasar o aprendido ao longo dunha vida, e sobre todo socializar co resto de asistentes, o Concello ofrece este actividade enfocada exclusivamente para eles.
A Biblioteca Municipal tamén ofrece Lectura infantil para os máis cativos da casa, todos os martes.
Todos aqueles que estean interesados en participar nalgunha das diferentes actividades debe poñerse en contacto ou ben na Biblioteca para as inscricións de Informática, Memoria e Lectura Infantil ou no Concello para as actividades de Coñece o teu móbil e Escola de Maiores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217