GALICIA
650 trens rexionais sen revisor nos meses de Xullo, Agosto y Setembro
Nos meses de Xullo, Agosto e Setembro, uns 650 trens de RENFE Media Distancia circularon sen persoal de Intervención polas infraestructuras galegas, segundo denuncian dende os sindicatos.
Esta situación ven motivada pola falla de cadro de persoal nas residencias de Intervención de Vigo,A Coruña, Ourense e Monforte, xa que grazas ós acordos asinados por RENFE, SEMAF, UGT e CCOO, os traballadores acóllense ó plan de desvinculacións e non están sendo sustituidos, polo que a empresa non ten cadro de persoal para cubrir a operativa diaria de atención ó cliente a bordo dos trens e por isto os trens van circulando sen persoal algún de comercial que atenda os viaxeiros, tanto en información como en venda de billetes, causando unha importante merma de ingresos a empresa pública, (uns 15.000 € deixou de ingresar RENFE-Viaxeiros pola non venda de billetes nos trens entre Xullo e Setembro) así como un empeoramento da calidade do servizo que o operador público está obrigado a dar, xa que estes trens de Media Distancia están encadrados dentro das obrigas de servizo público que o estado ten que dar na Comunidade Galega, sendo o corredoiro atlántico Coruña-Vigo, onde mais trens circularon sen interventor.
Por isto o Sector Ferroviario de CGT en Galiza mandou a carta que achegamos ó Coordinador de RENFE en Galiza e o Xerente de Media Distancia, solicitando a cobertura de 35 prazas de persoal de Comercial (Intervención e Atención o Cliente) nas convocatorias de traslados/ascensos e ingresos que nestes intres están a piques de resolverse.
O Sector Ferroviario de CGT en Galiza, aposta por un ferrocarril público, social, seguro e de calidade, evitando a subcontratación de operacións directamente relacionadas co ferrocarril, neste caso, a atención o viaxeiro, por isto solicitamos a internalización dos postos de atención ó viaxeiro e venda de billetes que nestes intres están facendo empresas privadas en Ourense e Compostela (control de acceso e venda billetes oficina o peregrino Compostela), con contratacións en precario centralizadas dende Madrid.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208