O PORRIÑO
Unidos pola supresión das vías do tren polo centro do Porriño
![[Img #27998]](upload/img/periodico/img_27998.jpg)
Unhas 500 persoas manifestáronse hoxe polas rúas do Porriño para reclamar a supresión do paso a nivel sen barreiras e o paso das vías do ferrocarril que afectan a esta vila dende os anos 50.
Na xornada leuse o seguinte comunicado que transcribimos literalmente:
"O pasado día 9 de setembro produciuse un accidente ferroviario á entrada da Estación do Porriño, ao descarrilar o tren que facía a ruta Vigo- Porto.
Como resultado do devandito accidente faleceron catro persoas, e case medio centenar resultaron feridas de diversa consideración.
As primeiras persoas que acudiron a socorrer ás vítimas foron os veciños e veciñas do Porriño, que de forma absolutamente valente, solidaria e desinteresada, entraron nos vagóns para axudar no que fixese falta. Nunca poderemos agradecervos o suficiente o exemplo que dístes.
O pobo do Porriño xa asistiu a un número demasiado alto de falecementos a causa do paso do tren polo centro do Porriño. Non podemos tolerar máis mortes.
Desde os anos 50 do século XX vén reivindicando a eliminación da vía do tren polo centro, que tronza o día a día da nosa vila, sen que ningún dos gobernos que foron pasando polo Estado español, desde a ditadura, pasando á democracia, con UCD, PSOE ou PP, fixesen ningunha proposta axeitada para eliminar este perigo que nos axexa cada día.
Os cidadáns do Porriño queremos aclarar que non rexeitamos o tren como medio de transporte, a nosa reivindicación é a eliminación do tramo de vía que pasa polo centro do Porriño, que pon en risco a vida de miles de cidadáns que cada día pasan polo paso a nivel con barreiras, no mesmo centro da Vila.
Apoiamos a existencia dun tren modernizado, ao servizo da xente que mellore a nosa vida e a da xente da contorna, con frecuencias de parada, que de servizos aos Polígonos e que se integre dentro do plan de transporte do área metropolitana; e desde logo o paso por unha liña que data xa de 1878 e discorre polo centro dun Concello de mais de 20.000 habitantes, NON É EXEMPLO DE TREN MODERNO.
ESIXIMOS que os reponsables de Renfe se reúnan cos membros da Corporación do Porriño ofrecendo compromisos claros e precisos sobre a retirada da vía e cun calendario detallado de actuacións para conseguir o Obxectivo ao que non imos renunciar: A ELIMINACIÓN DAS VÍAS DO TREN POLO CENTRO DO PORRIÑO".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208